Artturi Ilmari Virtanen, nado o 15 de xaneiro de 1895 en Helsinqui (Imperio Ruso) e finado o 11 de novembro de 1973 en Helsinqui (Finlandia), foi un químico e profesor universitario finlandés, gañador do Premio Nobel de Química en 1945.

Biografía Virtanen naceu en Helsinqui, naqueles momentos parte do Imperio ruso, e actualmente capital de Finlandia. Estudou no liceo clásico en Viipuri, tras o cal se dedicou ao estudo da química, a bioloxía e a física. En 1939 obtivo o cargo de profesor de bioquímica no Instituto Tecnolóxico de Finlandia en Helsinqui, dependente da Universidade de Helsinqui.

Investigacións científicas As súas investigacións tratan sobre os alimentos parcialmente sintéticos para o gando, as bacterias fixadoras de nitróxeno nos nódulos da raíz e tamén sobre métodos mellorados de preservación da manteiga.

En 1945 Virtanen recibiu o premio Nobel de química, pola súa investigación en química aplicada agrícola e en nutrición, especialmente polo seu método da preservación da forraxe (forraxe de AIV). O método (que publicara en 1943) mellorou a almacenaxe da forraxe verde, que é importante durante os invernos longos. O proceso inclúe a adición do Ácido clorhídrico ou sulfúrico diluído no gran para almacenalo novamente. O incremento de acidez detén a fermentación e non ten ningún efecto nocivo no valor nutritivo da forraxe ou nos animais que a inxiren.

Recoñecementos O asteroide (1449) Virtanen, descuberto polo renomeado astrónomo e físico finlandés Yrjö Väisälä, foi nomeado na súa honra. O cráter lunar Virtanen recibio o nome no seu honor.

Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Química

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1945 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Artturi Ilmari Virtanen en NNDB

Categoría:Químicos de Finlandia Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en Helsinqui Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Premios Nobel de Finlandia