Gonzalo Vilas, nado en Prevediños (Touro) en 1964, é un crítico de cine, ilustrador e humorista gráfico galego.
Traxectoria Habitualmente (2010) asina as súas colaboracións só como "Gonzalo", e entre as súas referencias actuais no humor gráfico ten sinalado a Xosé Lois, Xaquín Marín e Suso Sanmartin.
Publicou a súa primeira viñeta para A Nosa Terra, semanario no que colaborou e para o cal coordinou o suplemento infantil Bule-Bule, entre outras tarefas. Habitualmente colabora tamén con viñetas de humor gráfico nas publicacións GZnación e Novas da Galiza.
Anteriormente colaborou con outras publicacións como Can Sen Dono, El Correo Gallego, O Pasquim (suplemento do Novas da Galiza entre 2007 e 2008) ou La Voz de Galicia. Colabora en elDiario.es
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas GZnación celebra as 100 viñetas de Gonzalo Vilas (consultado o 20/01/2010) Entrevista en Vieiros (consultado o 20/01/2010)
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Nados en Touro Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1964