Os copríncipes de Andorra representan a xefatura do estado independente do Principado de Andorra, segundo establece a súa Constitución aprobada o 14 de marzo de 1993 e promulgada o 28 de abril do mesmo ano. Esta representación compártese en igualdade e a título persoal, entre o bispo de La Seu d'Urgell e o presidente da República francesa.

Historia

A orixe da figura dos copríncipes remóntase ao século XI, cando se estableceu un principio de repartición feudatario entre dous vasalos do conde de Urgell: o Bispo de Urgell e o conde de Caboet. Cando este último pasou a ser posesión do vizconde de Castellbó, a repartición transmitiuse nas mesmas condicións no ano 1186. Posteriormente, os de Castellbó integráronse no Condado de Foix dando continuidade a unha nova transmisión no 1226. Os tratados, segundo o código feudal de Pareatges de 1278 e 1288, puxeron fin a un período de disputas e confirmaron as prerrogativas de ambos os señoríos entre o bispo Pere de Urtx e o conde Roger Bernardo III de Foix.

O bispado de Urgell permaneceu baixo tutela do condado de Barcelona e a coroa de Aragón máis tarde integrada na coroa española, mentres que o condado de Foix pasou en 1479 a ser posesión dos territorios bearneses do Reino de Navarra, tamén chamados de Baixa Navarra, dando orixe a unha serie de transmisións do título dentro do ámbito francés. É por entón que o señorío compartido adquire o rango de coprincipado.

Transmisións do coprincipado francés A Baixa Navarra integrouse no Reino de Francia en 1589 coa chegada ao trono de Henrique IV, momento a partir do cal os reis sucesivos tamén se titularon de France et de Navarre. Lois XIII decidiu en 1620 unir o título de rei de Navarra e os seus dereitos transmitidos do coprincipado de Andorra, na coroa de Francia.

Tras a revolución francesa de 1789, a I República renunciou ao coprincipado ata que en 1806 o emperador Napoleón Bonaparte volveu exercer de copríncipe, considerando que o decreto real de 1620 transmitira a parte de soberanía francesa de Andorra ao estado francés, calquera que fose a súa forma de réxime. Seguindo este principio, os actuais presidentes da república francesa son copríncipes de Andorra. A Constitución andorrana de 1993 adoptou esta forma tradicional de representación.

Constitución A figura do Coprincipado está recollida no Título III, dos artigos 43 ao 49 da Constitución do Principado de Andorra de 1993. Segundo a Constitución, os copríncipes son a representación suprema do Estado e simbolizan a continuidade, independencia e espírito de equilibrio nas relacións cos estados veciños de Francia e España, desde a tradición medieval dos acordos de Pareatge.

Os copríncipes arbitran e moderan as institucións e poderes públicos pero a súa responsabilidade política é transmitida ás figuras do Cap de Govern ou a do Síndic Xeral, que confirman os seus documentos, teñen liberdade para designar membros ao Consell Superior da Justícia e ao Tribunal Constitucional. Pola súa banda o copríncipe episcopal só ten un papel de consulta pois os seus propios atributos eclesiásticos impiden a súa participación en actividades políticas e de goberno.

Lista de Copríncipes de Andorra Episcopal Copríncipe Período Francés Copríncipe Período Bispos de Urgell Condes de Foix 20px Casa of Foix Pere d'Urtx 1278–1293 Roxerio-Bernardo III 1278–1302 Guillem de Montcada 1295–1308 20px Casa de Foix-Béarn Gastón I 1302–1315 Ramon Trebaylla 1309–1326 Gastón II 1315–1343 Arnau de Llordà 1326–1341 Pere de Narbona 1341–1347 Gastón III 1343–1391 Nicolau Capoci 1348–1351 Hugó Desbach 1351–1361 Guillem Arnau de Patau 1362–1364 Pere de Luna 1365–1370 Berenguer d'Erill i de Pallars 1371–1388 Galcerand de Vilanova 1388–1396 Mathieu 1391–1396 Primeira anexión a AragónAndorra foi brevemente anexionada á Coroa de Aragón en 1396. Bispos de Urgell Condes de Foix 20px Casa de Foix-Béarn (restored) Galcerand de Vilanova 1396–1415 Mathieu 1396–1398 Sabela 1398–1413 20px Casa de Foix-Grailly Xoán I 1413–1436 Francesc de Tovia 1416–1436 Gastón IV 1436–1472 Arnau Roger de Pallars 1437–1461 Jaume de Cardona i de Gandia 1462–1466 Roderic de Borja i Escrivà 1467–1472 Pere de Cardona 1472–1512 Reis de Navarra François-Fébus 1472–1483 Catarina 1483–1512 Segunda anexión a AragónAndorra foi brevemente anexionada á Coroa de Aragón en 1512–1513. Bispos de Urgell Reis de Navarra 20px Casa de Foix-Grailly (restored) Pere de Cardona 1513–1515 Catarina 1513–1517 Joan Despés 1515–1530 20px Casa de Albret Henrique II 1517–1555 Pedro Jordà de Urríes 1532–1533 Francesc de Urríes 1534–1551 Miquel Despuig 1552–1556 Xoana III 1555–1572 Joan Pérez García de Oliván 1556–1560 Pere de Castellet 1561–1571 Joan Dimas Loris 1572–1576 20px Casa de Borbón Henrique IIIHenrique IV de Francia 1572–1610 Miquel Jeroni Morell 1577–1579 Hugó Ambrós de Montcada 1580–1586 Andreu Capella 1587–1609 Bernat de Salbà i de Salbà 1610–1620 Lois IILois XIII de Francia 1610–1620 Luís Díes Aux de Armendáriz 1621–1627 Reis de Francia Lois XIII 1620–1643 Antoni Pérez 1627–1633 Pau Duran 1634–1651 Lois XIV 1643–1715 Joan Manuel de Espinosa 1655–1663 Melcior Palau i Boscà 1664–1670 Pere de Copons i de Teixidor 1671–1681 Joan Desbach Martorell 1682–1688 Oleguer de Montserrat Rufet 1689–1694 Julià Cano Thebar 1695–1714 Simeó de Guinda y Apeztegui 1714–1737 Lois XV 1715–1774 Jordi Curado y Torreblanca 1738–1747 Sebastià de Victoria Emparán y Loyola 1747–1756 Francesc Josep Catalán de Ocón 1757–1762 Francesc Fernández de Xátiva y Contreras 1763–1771 Joaquín de Santiyán y Valdivielso 1772–1779 Lois XVI 1774–1792 Juan de García y Montenegro 1780–1783 Josep de Boltas 1785–1795 Presidentes da I República FrancesaFrancia renuncia á posición de co-príncipe.Andorra Francesc Antoni de la Dueña y Cisneros 1797–1816 Emperadores dos Franceses 30px Casa de Bonaparte Napoleón I 1806–1814 Reis de Francia Casa de Borbón Lois XVIII 1814–1815 Emperadores dos Franceses Casa de Bonaparte Napoleón I 1815 Napoleón II 1815 Bernat Francés y Caballero 1817–1824 Reis de Francia Casa de Borbón Lois XVIII 1815–1824 Bonifaci López y Pulido 1824–1827 Carlos X 1824–1830 Simó de Guardiola y Hortoneda 1827–1851 20px Casa de Orleáns Louis Philippe 1830–1848 Presidentes da II República Francesa Luís-Napoléon Bonaparte 1848–1852 Emperadores dos Franceses Casa de Bonaparte Napoleón III 1852–1870 Josep Caixal i Estradé 1853–1879 Presidentes da III República Francesa Louis-Adolphe Thiers 1871–1873 Patrice MacMahon 1873–1879 Salvador Casañas i Pagés 1879–1901 Jules Grévy 1879–1887 Sadi Carnot 1887–1894 Jean Casimir-Perier 1894–1895 Félix Faure 1895–1899 Émile Loubet 1899–1906 Ramon Riu i Cabanes 1901 Toribio Martín 1902 Joan Josep Laguarda i Fenollera 1902–1906 Josep Pujargimzú 1907 Clément Armand Fallières 1906–1913 Juan Benlloch y Vivó 1907–1919 Raymond Poincaré 1913–1920 Jaume Viladrich i Gaspa 1919–1920 Justí Guitart i Vilardebó 1920–1940 Paul Deschanel 1920 Alexandre Millerand 1920–1924 Gaston Doumergue 1924–1931 Paul Doumer 1931–1932 Albert Lebrun 1932–1940 Ricard Fornesa 1940–1943 Xefes do Estado Francés Henri Philippe Pétain 1940–1944 Ramon Iglesias i Navarri 1943–1969 Xefatura do Goberno Provisional Charles de Gaulle 1944–1946 Félix Gouin 1946 Georges Bidault 1946–1947 Presidentes da IV República Francesa Vincent Auriol 1947–1954 René Coty 1954–1959 Presidentes da V República Francesa Charles de Gaulle 1959–1969 Ramón Malla Call 1969–1971 Georges Pompidou 1969–1974 Joan Martí Alanis 1971–2003 Valéry Giscard d'Estaing 1974–1981 François Mitterrand 1981–1995 Jacques Chirac 1995–2007 Joan Enric Vives Sicília 2003– Nicolas Sarkozy 2007–2012 François Hollande 2012–2017 Emmanuel Macron 2017–

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia de Andorra

Ligazóns externas Sitio oficial do copríncipe francés Páxina do bispado copríncipe de Urgell Rulers.org Lista de gobernantes de Andorra na web rulers.org

Categoría:Política de Andorra Categoría:Listas de monarcas