O Hymne Monégasque (do francés: Himno monegasco) é o himno oficial do Principado de Mónaco. Ten dúas letras, unha en francés, lingua oficial do principado, e outra en monegasco, lingua vernácula local.
Tivo varias versións: unha primeira versión foi composta e escrita en francés por Theophile Bellando en 1841. Foi adoptada como marcha pola Garda Nacional en 1848. En 1896 Charles Albrecht compuxo unha nova versión para piano, da que máis tarde se fixo unha versión para orquestra. Deixou de interpretarse cara a 1900 por ser considerada demasiado longa. A actual versión foi creada por Léon Jehin en 1914 e tocouse por vez primeira nos actos de conmemoración dos 25 anos de reinado do príncipe Alberte. Finalmente, en 1931, Louis Notari escribiu a letra en monegasco. Normalmente, debido á rapidez da música, a segunda estrofa entre os dous refráns non se canta.
Letra en monegasco Despoei tugiù sciü d'u nostru paise Se ride au ventu, u meme pavayùn Despoei tugiù a curù russa e gianca E stà l'emblema, d'a nostra libertà Grandi e i piciui, l'an sempre respetà.
Amu avüu sempre r'a meme tradiçiun; Amu avüu sempre r'a meme religiun; Amu avüu per u nostru unù I meme Principi tugiù E düsciün nun purà ne fa sciangià Tantu ch'au cielu u suriyu lüjerà; Diu n'agiüterà E mai düsciün nun purà ne fa scangià Düsciün
Despoei tugiù sciü d'u nostru paise Se ride au ventu, u meme pavayùn Despoei tugiù a curù russa e gianca E stà l'emblema, d'a nostra libertà Grandi e i piciui, l'an sempre respetà.
Letra en francés Depuis toujours, le même pavillon Flotte joyeusement au vent de notre Pays Depuis toujours les couleurs rouge et blanc Constituent le symbole de notre liberté Grands et Petits l'ont toujours respecté
Nous avons perpétué les mêmes traditions Nous célébrons la même religion Nous avons l'honneur D'avoir toujours eu les mêmes Princes Et personne ne pourra nous faire changer Tant que le soleil brillera dans le ciel Dieu nous aidera Et jamais personne ne pourra nous faire changer Personne
Depuis toujours, le même pavillon Flotte joyeusement au vent de notre Pays Depuis toujours les couleurs rouge et blanc Constituent le symbole de notre liberté Grands et Petits l'ont toujours respecté.
Tradución ao galego Dende sempre, sobre o noso país flota ao vento a mesma bandeira. Dende sempre, as cores vermella e branca constitúen o símbolo da nosa liberdade. Grandes e pequenos respectárona sempre.
Perpetuamos as mesmas tradicións celebramos a mesma relixión temos a honra De termos sempre os mesmos Príncipes E ninguén poderá facernos cambiar Mentres o sol brille no ceo Deus axudaranos E ninguén endexamais poderá facernos cambiar, Ninguén
Dende sempre, sobre o noso país flota ao vento a mesma bandeira. Dende sempre, as cores vermella e branca constitúen o símbolo da nosa liberdade. Grandes e pequenos respectárona sempre.
Véxase tamén Ligazóns externas Comité de Tradicións Monegascas: Himno Nacional Monegasco Himno Nacional Monegasco
Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos de Mónaco