A Xunta de Galicia é o órgano colexiado de goberno de Galicia, tal e como aparece definido no Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Está composta pola presidencia, a ou as vicepresidencias e mais os conselleiros. As vicepresidencias e os conselleiros noméanse desde a presidencia. Esta ten a sede no Pazo de Raxoi en Compostela.

Atribucións e funcionamento A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito civil galego; normas procesuais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a xestión e conservación protección dos ecosistemas.

Historia A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia, creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833. Durante a Guerra da Independencia española, en 1808, crease a Xunta Suprema do Reino de Galicia para dirixir a loita contra Francia e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais até a creación da Xunta Central Española.

En 1843 constituíuse a Xunta Central de Galicia, presidida por Xosé María Suances e oposta á rexencia de Baldomero Espartero. En 1846 produciuse o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.

En 1944, por iniciativa do deputado por Pontevedra Rodríguez Castelao, fundouse en Montevideo o Consello de Galiza, coa intención de dotar á Galicia dun órgano político e goberno no exilio. Lexitimados polo Estatuto de autonomía de 1936, truncado pola Guerra civil española, mais que foi sometido a plebiscito antes desta. Galicia e os seus derradeiros representantes electos seguiron deste xeito o exemplo dos gobernos autónomos de Cataluña e o País Vasco, así como o do propio goberno da República española, exiliado desde a fin da contenda.

Coa fin da ditadura e a aprobación da Constitución española, Galicia foi recoñecida como nacionalidade histórica e grazas ao legado do Estatuto de 1936 foron aprobados o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 o 16 de marzo de 1978 que designaron á Xunta de Galicia como goberno galego Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) ..

miniatura|Alfonso Rueda, presidente da Xunta desde 2022. miniatura|Logotipo da Xunta de Galicia.

Presidencia da Xunta de Galicia Presidentes da Xunta de Galicia: 1978–1979 - Antonio Rosón Pérez (UCD-G) (preautonómico) 1979–1982 - Xosé Quiroga Suárez (UCD-G) (preautonómico até o 28 de abril de 1981) 1982–1987 - Xerardo Fernández Albor (APdeG) 1987–1990 - Fernando González Laxe (PSdeG) 1990–2005 - Manuel Fraga Iribarne (PPdeG) 2005–2009 - Emilio Pérez Touriño (PSdeG) 2009–2022 - Alberto Núñez Feijóo (PPdeG) 2022–presente - Alfonso Rueda Valenzuela (PPdeG)

Composición actual do Consello da Xunta Categoría principal: Gobernos de Galicia

miniatura|300px|Conselleiros da Xunta de Galicia en setembro de 2018, antes das reestruturacións de Feijóo do 2020 e do novo goberno Alfonso Rueda do 2022. En marzo de 2022, e tras gañar as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 con maioría absoluta por cuarta vez consecutiva, Alberto Núñez Feijóo anunciou a súa dimisión como presidente da Xunta de Galicia, malia ter máis de dous anos de lexislatura por diante, para asumir o liderado do Partido Popular. Alfonso Rueda Valenzuela, o que fora o seu vicepresidente desde 2009, sucedeuno como presidente da Xunta por designación do propio Núñez Feijóo.

Rueda lograría revalidar a maioría absoluta herdada polo seu predecesor nas eleccións de febreiro de 2024, conformando o seu novo goberno case dous meses despois.

Esta é a composición da Xunta e os seus titulares: Presidencia da Xunta de Galicia: Alfonso Rueda Valenzuela (PP). Vicepresidencia da Xunta e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes: Diego Calvo Pouso (PP). Consellaría de Medio Ambiente e Cambio Climático: Ángeles Vázquez Mejuto (PP). Consellaría de Facenda e Administración Pública: Miguel Corgos López-Prado (PP). Consellaría de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: María Martínez Allegue (PP). Consellaría de Economía e Industria: María Jesús Lorenzana Somoza (PP). Consellaría de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: Román Rodríguez González (PP). Consellaría de Sanidade: Antonio Gómez Caamaño (Independente). Consellaría do Mar: Marta Villaverde Acuña (Independente). Consellaría do Medio Rural: María José Gómez Rodríguez (PP). Consellaría de Política Social e Igualdade: Fabiola García Martínez (PP). Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración: José González Vázquez (PP). Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude: José López Campos (PP). miniatura|300px|Edificios Administrativos en San Caetano.As obras na Xunta (agora) non fan ruído, Praza Pública, 24 de marzo de 2019..

Situación miniatura|Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra. miniatura|Delegación da Xunta de Galicia en Vigo. Edificios Administrativos San CaetanoSan Caetano, s/n15704 - Santiago de Compostela Pazo de RaxoiPraza do Obradoiro.15705 - Santiago de Compostela Pazo de Monte PíoRúa do Monte Pío, 44.15705 - Santiago de Compostela Sede da Xunta de Galicia na CoruñaAvda. Salvador de Madariaga, 9154781 - A Coruña Sede da Xunta de Galicia en FerrolPraza de España, 215403 - Ferrol Sede da Xunta de Galicia en LugoRonda da Muralla, 7027071 - Lugo Sede da Xunta de Galicia en OurenseAvda. da Habana, 7932004 - Ourense Sede da Xunta de Galicia en PontevedraAvda. María Victoria Moreno,4336003 - Pontevedra Sede da Xunta de Galicia en VigoRúa Concepción Arenal, 836201 - Vigo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Parlamento galego Alberto Núñez Feijóo Alfonso Rueda Partido Socialista de Galicia Bloque Nacionalista Galego Partido Popular de Galicia

Ligazóns externas Páxina oficial da Xunta de Galicia As orixes medievais da Xunta de Galicia Historia da Xunta de Galicia.

Categoría:Xunta de Galicia