Mabon é o nome usado polos wiccáns e por outras formas de neopaganismo que corresponde a unha das oito festividades solares anuales celebradas por esas tradicións espirituais dentro da roda do ano. Concretamente é un dos catro sabbats menores e fai referencia ó equinoccio outonal, o cal ten lugar o 23 de setembro no Hemisferio Norte (ocasionalmente celébrase o 22 de setembro). Moitos celébrano o 21 de setembro debido á referencia errónea que se fai no calendario gregoriano, usado en Estados Unidos e en Gran Bretaña dende 1753. No Hemisferio Sur, o equinoccio outonal celébrase ó redor do 21 de marzo.

Tamén coñecida coma "Tempo de Recolleita", "O Banquete", "Día de Acción de Grazas", ou sinxelamente equinoccio outonal, esta festa é un ritual de conclusión da colleita, para dar grazas polos froitos que a terra deu e o recoñecemento da necesidade de compartilos para asegura-las bendicións da Deusa e o Deus durante os meses invernais. O nome deriva de "Mabon ap Modron", un personaxe da mitoloxía galesa, e foi creado por Aidan Kelly aproximadamente no ano 1970.

Notas

Categoría:Mitoloxía irlandesa Categoría:Folk Categoría:Wicca