Para o xornalista, escritor e político anarquista mexicano véxase Ricardo Flores Magón.
Ricardo Flores Pérez, nado en Sada en 1903 e finado en Buenos Aires o 25 de xullo de 2002, foi un escritor galego e un dos máis sobranceiros autores teatrais da diáspora galega.
Traxectoria Nado no seo dunha familia labrega de Sada, desde moi neno traballa a terra e aprende o oficio de ferreiro, ao tempo que escribe os seus primeiros textos. En 1926 estreou a súa primeira peza teatral Un fillo de bendición no Pavillón Moragra da súa vila. En 1927 e 1928 estreou as súas seguintes obras Consellos do tío Xan. Emigrou a Buenos Aires en 1929, onde foi un dos dirixentes da Irmandade Galega de Bos Aires e da Sociedade Nazonalista Pondal, director da asociación coral Os Rumorosos, secretario do Consello de Galiza e presidente do Centro Provincial Coruñés. Como dramaturgo, tivo un importante papel no teatro da diáspora. En 1952 constituíu o Cadro de Declamación Lugrís Freire, coa que estreou distintas obras da súa autoría e do teatro rexionalista. Finou en Buenos Aires o 25 de xullo de 2002."Finou Ricardo Flores, figura do nacionalismo e do teatro da emigración", A Nosa Terra, 1-8-2002, p. 29.
Obra Teatro Un fillo de bendición (1926). Consellos do tío Xan (1927). Querer de comenencia (1928). Mai e filla(1934). Un ovo de dúas xemas. Comedia rideira en dous pasos, 1938 (teatro). Enguedello, 1939 (teatro). Pra isso som teu amigo. Ugio. Catro estampas de beiramar, 1961 (teatro). Dúas estampas da emigración. O afiador. Artigos "Algo sobre o movimento galeguista en Buenos Aires (1930-1980)". "O teatro como movimento proseletista". "A lírica popular galega en Buenos Aires".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, Luis (maio de 1992). Historia do teatro galego na Arxentina. Un autor: Ricardo Flores. Cadernos da Escola Dramática Galega n.º 96.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Dramaturgos de Galicia