Salamanca é un distrito da cidade de Madrid situado no centro da cidade.
Limita polo norte co distritos de Chamartín, polo leste co distrito de Ciudad Lineal, polo sur co distrito de Retiro, polo suroeste co distrito de Centro e polo noroeste co distrito de Chamberí. Ten unha superficie 5,39 km² e unha poboación de 145.702 habitantes no ano 2023. En 1970 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Salamanca xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.
Debe o seu nome ao seu construtor, o malagueño José de Salamanca y Mayol, Marqués de Salamanca, que o erixiu no século XIX. É unha das máis importantes zonas comerciais da cidade e un dos barrios de maior nivel de vida de Europa coa maior zona de compras de luxo de Madrid arredor das rúas Serrano, Claudio Coello e Ortega y Gasset.
Datos históricos
Está situado no Nordeste do Centro histórico. Constitúe unha das zonas máis representativas do Ensanche burgués madrileño, xurdido do Plan Castro de 1860. Chega a estar totalmente urbanizado en 1927. Na zona exterior das Roldas orixínanse os barrios de Guindalera e de Fuente del Berro cun desenvolvemento urbano máis espontáneo. Catro son as aterias que conforman o Distrito de Oeste a Leste: Serrano, Velázquez, Príncipe de Vergara e Conde de Peñalver. A praza do Marqués de Salamanca constitúe o límite entre a zona adiñeirada e a zona popular. O Barrio de Salamanca converteuse nunha das máis importantes zonas comerciais da cidade.
Na zona enmarcada polas rúas Villanueva, Claudio Coello e Goya consérvanse as vivendas características do arquitecto Lecumberri con amplos portais para carruaxes, patios interiores e unha altura máxima de 3 / 4 plantas.
Barrios Este distrito está dividido en seis barrios:
Castellana Fuente del Berro Goya Guindalera Lista Recoletos
Véxase tamén Referencias
Bibliografía
Ligazóns externas
Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Actas dos Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno Programación cultural distrito Salamanca
Categoría:Distritos de Madrid