Fuencarral-El Pardo é un distrito da cidade de Madrid situado no norte da cidade. Este distrito comprende a antiga vila de Fuencarral, e tamén o Palacio Real do Pardo.
Limita polo norte cos concellos de Hoyo de Manzanares, Colmenar Viejo e Tres Cantos, polo leste cos concellos de San Sebastián de los Reyes e Alcobendas e co distrito de Hortaleza, polo sur cos distritos de Chamartín, Tetuán e Moncloa-Aravaca, polo oeste cos concellos de Las Rozas de Madrid e Torrelodones. Ten unha superficie de 237,84 km² e ten 248.443 habitantes no ano 2023. Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1950.
Datos históricos
É o distrito de maior extensión. O 90 % do chan corresponde aos montes de El Pardo, Soto de Viñuelas, Valverde, etc.
As zonas urbanas están compostas por varias áreas claramente diferenciadas: o antigo centro urbano de Fuencarral, os desenvolvementos residenciais entre o bordo do distrito de Tetuán e a estrada da Praia (Peñagrande, Barrio de El Pilar, Valdemarín) o casco de El Pardo e as grandes áreas institucionais e industriais da Estrada de Colmenar Viejo.
Os primeiros asentamentos propiamente urbanos prodúcense a partir de 1950 coas promocións privadas de Mirasierra (residencia unifamiliar de clase alta), Barrio de El Pilar, Peñagrande (residencia colectiva destinada a clases populares), xunto con algunhas promocións públicas destinadas á erradicación do chabolismo como La Ventilla ou a UVA de Fuencarral.
Con posterioridade, a partir de 1970 se cualifica socialmente o distrito con promocións como a Ciudad de los Periodistas e La Vaguada.
Barrios Este distrito está dividido en oito barrios:
El Goloso El Pardo Fuentelarreina La Paz Mirasierra Peñagrande El Pilar Valverde
Véxase tamén Referencias
Bibliografía
Ligazóns externas
Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Información sobre os Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno
Categoría:Distritos de Madrid