Iliria (grego antigo : Ἰλλυρία, Illyría ou Ἰλλυρίς, Illyrís ; latín: Iliria, Illyricum ) foi unha rexión na parte occidental dos Balcáns na costa oriental do Mar Adriático habitada por numerosas tribos coñecidas colectivamente como os ilirios.
Os gregos antigos utilizaron inicialmente o termo Illyris para definir aproximadamente a área do norte e centro de Albania ata o val do Aoös (actual Vjosa) e a baía de Vlorë, incluíndo na maioría dos períodos gran parte da zona lacustre (Ohrid e Prespa). Corresponden á rexión veciña de Macedonia e Epiro. Na época romana os termos Illyria / Illyris / Illyricum estendéronse desde o territorio que se atopaba aproximadamente na zona da costa sueste do Adriático (actual Albania e Montenegro) e o seu interior, ata un rexión máis ampla que se estende entre todo o Adriático oriental e o Danubio.
Desde aproximadamente mediados do século I a. C., o termo Illyricum foi usado polos romanos para a provincia do Imperio que se estendía ao longo da costa oriental do Adriático ao norte do río Drin, ao sur da cal a provincia romana de Macedonia comezou a incluír a parte sur da tradicional rexión de Iliria.
Historia miniatura|300px|Área aproximada do asentamento das tribos ilirias na antigüidade, antes da conquista romana. Prehistoria e historia antiga Os primeiros signos de grupos de poboación fixos, aínda que escasos, no territorio do que foi Iugoslavia, remóntanse ao paleolítico inferior, como o demostran os xacementos de Montenegro, norte de Bosnia, Croacia e Eslovenia.
No Neolítico floreceu unha cultura agrícola-gandeira, a cultura danubiana, estendida a Serbia e Bosnia, que se arrequeceu con diferentes achegas na Idade de Bronce. Esta cultura presenta os seus centros máis importantes en Starčevo, cuxa cerámica está decorada con motivos xeométricos en espiral; Vinča, obra de comunidades agrícolas relativamente estábeis que posúe unha cerámica bastante diversificada, como pequenas estatuas e vasos antropomorfos e, finalmente, Butmir, en Bosnia, con cerámica decorada con meandros e espirais.
miniatura|esquerda|Culturas europeas do neolítico final, en torno ao 3 500 a.C. A cultura danubiana en amarelo.
Ao comezo da Idade de Ferro desenvolveuse en Bosnia, especialmente no altiplano de Glasinać, unha cultura caracterizada polo gran número de túmulos, ricos en armas, relacionados cos de Serbia.
Tamén habitaban a zona, especialmente ao sur, os tracios, antigo pobo de estirpe indoeuropea. Eran sobre todo gandeiros, e foron moi apreciados como soldados mercenarios polos gregos da época clásica. Nunca chegaron a alcanzar a etapa urbana e a súa organización era feudal, con base na tribo.
Esta rexión foi coñecida na antigüidade polos nomes gregos 'Iλλυρία (Illyría) ou Iλλυρίδα (Illyrída),Polibio, Historias i.13.1 e, posteriormente, polo o latino Illyria.Charlton T. Lewis & Charles Short, A Latin Dictionary en Perseus, Illyria (en inglés).
Neste marco apareceron a finais do II milenio a.C. (contra o ano 1000 a.C.) poboacións ilirias procedentes do norte.
Os ilirios (en grego ιλλυρόι, illyrói) eran unha heteroxénea coalición de tribos das que pouco se sabe. Suponse que a un número indeterminado destas as unía unha lingua iliria común.Apolodoro, Biblioteca mitolóxica III, 61. Consultada o 5/12/2011.
O feito de que o territorio sufrira invasións dos galos contra o 400 a. C. (que deixou poucos vestixios) e o descoñecemento dos autores clásicos, fai difícil precisar a orixe dos diferentes grupos. En xeral, pódese dicir que Iliria ía desde o río Neretva (antigo Naro) ao Drina (Drilo), e que ao leste quedaban os tribalios. Esta descrición é conforme a diversos autores até o século II e, en especial, Estrabón e Tácito.
Considérase aos ilirios como un pobo indoeuropeo procedente do círculo da cultura de Lusacia. Orixinariamente vivían baixo unha organización tribal cun xefe electivo e un consello de anciáns, pero constituíron máis tarde federacións e reinos máis ou menos efémeros; no sur, máis en relación coa cultura grega, fundaron o Epiro, que se distinguiu da verdadeira Iliria.
Os ilirios impuxéronse aos tracios e ocuparon as rexións do NO da península Balcánica, desde o Danubio até o golfo de Ambracia, e do Adriático aos montes Šar. A principais tribos eran as dúas dálmatas, ardieos, dárdanos, albanos, taulantios, molosos, trespotos, vénetos, dauros e mesapios; estas tres últimas alcanzaban o leste de Italia.
O gran número de tribos independentes obstaculizou a formación dun estado "nacional" até mediados do século III a.C., en que apareceu no sur do país un reino ilírico con capital en Scodra (Escodra, hoxe Shkodër, en Albania), e outra federación de pobos con sede en Delminium (capital dos dálmatas no século II a.C., antes da conquista romana, onde hoxe se localiza Tomislavgrad (Bosnia e Hercegovina).
Progresivamente foron chegando ás costas colonos gregos que deron orixe a emporios como Epidauro e Apolonia (hoxe en Albania). Naturalmente, a cultura grega está mellor documentada en Macedonia e ao longo das costas, pero a súa influencia fíxose sentir tamén máis ao interior.
A conquista romana
miniatura|290px|Iliria no Imperio Romano. miniatura|290px|Dioceses de Illyricum (Diocese de Pannonia), Dacia e Macedonia no ano 400. miniatura|Provincias romanas de Illyricum (que comprendía Dalmacia e os SO de Pannonia ou baixa Pannonia), Pannonia, Mesia, Dacia, Tracia e Macedonia.
A finais do século III a.C. o reino de Iliria, con capital en Skodra (Escútari) ao norte da Albania actual, estendíase por Montenegro e a Croacia meridional até a sur do río Neretva.
Neste século, os ataques piratas dos ilirios polas cidades adriáticas deron motivo aos romanos para emprenderen campañas contra eles. Os territorios dos Balcáns foron incorporándose paulatinamente ao imperio Romano, comezando por Macedonia.
No Mediterráneo oriental, a República Romana enfrontouse sucesivamente aos monarcas dos estados helenos xurdidos do imperio de Alexandre o Grande: aos reis macedonios Filipo V no ano 197 a. C. e Perseo no 168 a. C. nas Guerras macedónicas, e dividiu o país en catro repúblicas, con capitais en Anfípolis, Tesalónica, Pella e Pelagonia. Máis tarde Roma acabou coa independencia nominal destas repúblicas para converter a toda Macedonia en provincia romana, rexida por un gobernador residente en Tesalónica. Roma derrotou tamén a Antíoco III de Siria o ano 189 a. C., na Guerra romano-siria. Macedonia, Acaia e Epiro convertéronse en provincias romanas o ano 146 a. C.
No ano 229 a. C. Roma aventurouse por primeira vez no leste do Adriático. Declarou a guerra ao reino de Iliria despois dun incidente diplomático coa raíña Teuta, que foi acusada por Roma de saquear a mercadores romanos. A República romana comezou entón a conquista desta rexión coa toma de Dyrrachium, no centro da Albania actual, en 229 a. C.
Os romanos, en 168 a. C., despois dunha guerra de 30 días conquistaron a capital (Skodra), e Iliria foi incorporada a Roma. Producíronse algunhas revoltas, a última das cales foi en Dalmacia. Pero desde o ano 12 d. C. Dalmacia quedou totalmente sometida.
A rexión foi teatro da confrontación entre Xulio César e Pompeio. Despois da extensión da conquista romana até o Danubio baixo Octavio Augusto, en 9 a. C., creouse a provincia romana de Iliria. No ano 10, esta provincia foi dividida en Pannonia e Dalmacia e o termo Iliria caeu en desuso.
En Iliria os romanos crearon no ano 27 a. C. unha provincia senatorial que comprendía as actuais Albania, Montenegro, gran parte de Bosnia e Croacia, Dalmacia e a parte occidental de Serbia. Porén, a submisión das belicosas tribos do interior non foi completa até o reinado de Augusto (campaña de Tiberio, ano 9 a. C.).
A provincia foi posta baixo dependencia directa do emperador, quen a gobernaba por medio dun procónsul residente en Salona, pero as revoltas que se produciran aconsellaron manter unha forza militar importante na rexión e o 11 a. C. foi convertida en provincia imperial con P. Cornelius Dolabella como legatus (legado). Ás cidades máis importantes, como Epidauro, Narona, Salona e Iader (Zadar), enviáronse colonias de veteranos que as converteron en centros de irradiación da cultura latina, como o demostra a progresiva extensión de factorías romanas no interior.
A provincia, sen capital determinada, dividiuse en conventos xurídicos subdivididos en decurias; Scardona, Salona (con 382 decurias segundo Plinio) e Narona. Iadera, Salona, Narona e Epidauro de Iliria foron colonias romanas e Apolonia de Iliria e Corcira cidades libres. Crese que o legado só tiña xurisdición sobre unha parte e que a zona interior dependía do gobernador de Pannonia. Salona acabou sendo a capital provincial. O historiador Dión Casio e o seu pai Casio Aproniano, foron gobernadores de Iliria.
A romanización desta rexión recibiu grande impulso tamén polo recrutamento de nativos ilirios, primeiramente para cohortes auxiliares e, despois, tamén para as lexións. Na provincia ilírica, grazas á sagaz administración romana, floreceu ben pronto o comercio, favorecido polas lexións establecidas ao longo dos Sava, Drina e o Danubio. Exportábase gran, animais e madeiras para a construción, e até ferro, ouro e prata.
Durante o baixo imperio a Iliria alcanzou o seu apoxeo en canto a riqueza e importancia política, como o demostra o feito de que os máis grandes emperadores deste período (Aureliano, Probo, Diocleciano) eran oriúndos desta provincia do Imperio.
Na organización imperial, o territorio do que foi Iugoslavia estivo distribuído en diversas épocas entre as provincias de Panonia, Mesia, Iliria e Macedonia. Pola división de Teodosio I (395), quedou repartido en dúas zonas, pertencentes a cada unha das dúas partes do Imperio: a Diocese de Panonia —que incluía as actuais Eslovenia e Croacia, con parte de Bosnia— quedou no Imperio Romano de Occidente, mentres que as Dioceses de Dacia —que comprendía a actual Serbia— e de Macedonia, adxudicáronse ao Imperio Romano de Oriente.
E aí empezou o problema que, a finais do século XX levou a desintegración de Iugoslavia. Coa división do Imperio, o patricio Marcelino asegurou o control da parte occidental e dominaba o mar Adriático mediante unha frota. Pero Iliria quedou de contado en poder dos visigodos, empuxados polos bizantinos, e Alarico foi recoñecido magister militum en 398 polos bizantinos e, en 405, polo emperador de Occidente.Berranger, Danièle; Cabanes, Pierre & Berranger-Auserve, Danièle (2007): Épire, Illyrie, Macédoine: Mélanges Offerts au Professeur Pierre Cabanes. Clermont-Ferrand, Francia: Presses Universitaires Blaise Pascal. ISBN 2-84516-351-7.Lewis, David Malcolm & Boardman, John (1994): The Cambridge Ancient History, Volume 6: The Fourth Century BC. Cambridge, UK: Cambridge University Press. ISBN 0-521-23348-8.
Idade media: entre o Imperio de Carlomagno, o Sacro Imperio, e o Imperio Bizantino
Introdución Entre a chegada dos eslavos nos séculos VI e VII e a conquista turca nos séculos XIV e XV, os Balcáns occidentais coñeceron o desenvolvemento dun complexo sistema de estados que non só encheu o oco deixado pola paulatina desintegración do Imperio bizantino, senón que delimitou o proceso de configuración das nacionalidades que hoxe se reparten a península.
Na maioría dos casos resulta fácil apreciar nestas primeiras formacións estatais trazos identificativos das actuais realidades nacionais de croatas, serbios, búlgaros, albaneses etc. Así, neste período, configúranse, a partir dun tronco común, as linguas eslavas meridionais: o esloveno; o serbocroata, falado en Serbia, Croacia, Bosnia, Hercegovina e Montenegro; o búlgaro e os diversos dialectos macedonios, procedentes do búlgaro medieval, pero con fortes influencias serbias.Nystazopoulou The "Macedonian Question". Middel Ages. Nystazopoulou-Pelekidou, Maria (1992): The "Macedonian Question". A Historical Review. Corfu: Ionian University . Consultada o 16/12/2011.