Romasanta (en ) é un filme dirixido por Paco Plaza, baseado nunha novela de Alfredo Conde e na historia verídica de Manuel Blanco Romasanta, tamén coñecido como o home lobo de Allariz. Filmouse entre o 28 de xullo e o 29 de setembro do 2003 entre a provincia de Barcelona e Galiza.

Sinopse

A historia está ambientada en 1851 nunha aldea galega no medio do bosque, onde viven Bárbara (Elsa Pataky) e a súa irmá Josefa. Non se atreven a saír da casa por mor dos asasinatos masivos que teñen lugar na zona, debido aos cales se expande a lenda da existencia dun home lobo.

Un día chega á zona un vendedor ambulante chamado Manuel Romasanta (Julian Sands), amante de Josefa, do que Bárbara está namorada en segredo. Romasanta acompaña a Josefa á cidade, pero esta nunca chega ao seu destino.

Romasanta é capturado como o temido home lobo. Alega na súa defensa que é vítima dunha maldición. A sociedade divídese: os aldeáns esixen que se castigue a Romasanta, mentres os burgueses, cun reputado antropólogo á fronte, xustifican os seus actos ao considerar que padece a licantropía en forma de enfermidade mental.

Galardóns Premio ao mellor director no Festival de Cine de Málaga. Candidata aos Premios Goya 2004 á mellor fotografía e mellores efectos especiais.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Paco Plaza Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes sobre asasinos en serie Categoría:Filmes de lobishomes Categoría:Filmes ambientados en Galicia Categoría:Filmes de 2004 con versión en galego