Hokota (鉾田市, ほこたし, Hokota-shi) é un concello xaponés da prefectura de Ibaraki. Está situado no centro da rexión de Kantō e ó oeste da prefectura, na área da provincia histórica de Hitachi, e na parte leste da illa de Honshu. A súa superficie é de 208,18 km², a poboación é de 50.478 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 242 hab./km².

O concello de Hokota limita cos concellos de Ōarai, Ibaraki, Omitama, Namegata e Kashima.

Historia A cidade de Hokota foi fundada pola fusión de 3 concellos do distrito de Kashima (Asahi-mura, Hokota-machi e Taiyō-mura) no ano 2005.

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hokota .

Categoría:Prefectura de Ibaraki Categoría:Concellos do Xapón