O cantroxoNome vulgar galego en varias fontes: Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000; Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004 (Lavandula stoechas) é unha planta aromática do xénero Lavandula (as lavandas), de até un metro de altura da familia das lamiáceas.
Outros nomes comúns son arzaiaNome vulgar galego en varias fontes:Termos esenciais de botánica, páx. 28, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000., azaiaNome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. ou cantroxina.
Características Son matas de ata 1 m de altura, algunhas escasamente leñosas, pilosas en moitos dos seus órganos e con glándulas ricas en aceites esenciais que lle dan o aroma característico. Presentan follas de cor verde abrancazada, sésiles, opostas, simples, enteiras (co bordo revolto cara ao envés), dentadas ou pinnatífidas.
Florece en primavera. Posúen inflorescencias de tipo verticilastro Falsos verticilos., con 6-10 flores de cor morada, dispostas en pisos separados ao longo do eixe florífero ou nunha estrutura compacta, axilados por brácteas florais e formando unha especie de espiga terminal. As flores son pequenas, cun cáliz tubular, case actinomorfoTipo de flor con dous ou máis planos de simetría; equivale a unha flor con simetría radial (multilateral)., con 5 sépalos con cadanseu dente curtos e un apéndice oblongo ou romboidal na parte superior. A corola é bilabiada, co labio superior recto, ergueito, formado por dous lóbulos; o labio inferior é trilobado. Posúen catro estames, didínamosDous estames máis longos e os outros dous máis curtos. e o ovario dividido en catro partes. O froito preséntase en tetranúculaFroito seco e indehiscente que procede dun xineceo bicarpelar e que, ó madurar, forma catro unidades dunha soa semente cada unha..
Hábitat e distribución Está presente nos países da área mediterránea até altitudes de 1.000 metros. Prefire zonas asolladas e é frecuente nas costas, onde chega a formar parte da vexetación dunar.
En España tamén están presentes a L. lanata (propia de Andalucía e Murcia), a L.angustifoliaCast. Espliego. (en Cataluña, Valencia, Aragón e País Vasco), a L. latifolia Cast. Alhucema. (en Cataluña, Levante Andalucía e, máis dispersa, nas dúas Castelas) e a L. pedunculata (propia da metade occidental da península pero tamén presente noutras áreas, mesmo Galicia ou Portugal).
En Galiza danse dúas subespecies, a L. stoechas stoechas, que se recoñece polo pedúnculo floral de 1–3 cm, o penacho de brácteas sobre a espiga curto e as follas obtusas; e a subespecie L. stoechas sampaiana, cun longo pedúnculo de 10–20 cm, penacho longo (tanto como a propia espiga) e follas agudas. A primeira é a común nas zonas costeiras de Pontevedra, A Coruña e Lugo, e a segunda pode observarse no norte da provincia de Ourense e sur da de Lugo.
Uso como planta aromática e medicinal miniatura|Lavandula stoechas Xa os asirios, exipcios, gregos e romanos utilizaban a lavanda para perfumar casas e baños. Aínda na actualidade se queima a semente nas casas coa mesma fin. Unha posible etimoloxía fai derivar o nome de lavare, destinado ao baño, polo uso común nas termas romanas. A auga de lavanda é moi común en perfumería, o que explica a extensión do cultivo agrícola desta planta.
Na terapéutica popular utilízase contra a asma, a tose, e como tónico e calmante nervioso; por vía externa como antiséptico e antipútrido. O uso medicinal da lavanda débese aos efectos tónicos, dixestivos e espasmolíticos do aceite esencial que posúen. Utilízanse a tal fin as sumidades florais, é dicir, as espigas de flores ou os gromos florais ou, ocasionalmente, as follas e os talos novos.
Para as dores de estómago usábanse unturas de lavanda, ruda e macela fritidas en manteiga de porco.
O alcohol de lavanda (as flores maceradas en alcohol) úsase para lavar e desinfectar feridas.
Tamén se usou na veterinaria tradicional, en cataplasmas para golpes e escordaduras, ou en infusión para estimular o movemento intestinal (como no caso da inapetencia, meteorismo ou cólicos). Nas feridas, a esencia de lavanda acelera a cicatrización e era utilizada polos ferradores tanto para as feridas e gretas dos cascos como para as infeccións por cravos mal colocados.
Finalmente, Lis Quibén recolle en Cangas de Morrazo (Pontevedra) a práctica que queimar flores de lavanda para esconxurar unha casa e protexela do meigallo. Para iso poñen nunha tella un pouco de romeu, lavanda, loureiro "que mire ó mar" e tres dentes de allo, un en cada extremo da tella e o outro no medio. Despois, queiman todo iso, coas ventás pechadas, e rematan tocando tódalas paredes cunha póla de oliveira, levando a tella na outra man e recitando un ensalmo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía FONT QUER, Pío (1961): Plantas medicinales. El Dioscórides renovado. Ed. Labor, Barcelona. GARCÍA SANZ, Ángel (1993): Las plantas curadoras en el Camino de Santiago comunes al hombre y al ganado. Deputación Provincial de Lugo. LIS QUIBÉN, Víctor (1949): La medicina popular en Galicia. Madrid. Reed. Akal, Madrid 1980. RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A. e outros (1996): Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo. Outros artigos Lavanda (xénero) Ligazóns externas Flora of China: Lavandula Fichas infojardín: Cantueso, Romero de piedra, Tomillo borriquero (Lavandula stoechas) Imaxes de Lavandula sp
Categoría:Lavandula Categoría:Flores Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Galicia Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Herbas aromáticas