miniatura|250px|esquerda|Centro de distribución, na entrada de Padrón desde Santiago. miniatura|250px|dereita|Enchufe Schuko de tres entradas. miniatura|dereita|250px|Catenaria nunha paisaxe urbana. A electricidade é un termo xeral que abrange unha variedade de fenómenos resultantes da presenza e do fluxo de carga eléctrica. Estes inclúen moitos fenómenos facilmente recoñecibles, tales como o relampo, a electricidade estática, e as correntes eléctricas dos cableados. Alén diso, é a propiedade da materia que se basea no movemento das cargas eléctricas que produce un desequilibrio entre as mesmas. Está vinculada polo tanto co estado dos átomos do material considerado. Constitúe un dos xeitos en que se pode manifestar a enerxía, e dá lugar a múltiples fenómenos de toda índole (caloríficos, mecánicos, luminosos...). Os fenómenos eléctricos están incluídos, xunto cos magnéticos, no campo do electromagnetismo.

Dise que un material é electricamente neutro cando as cargas están presentes no seu interior en cantidades iguais. Entón non manifesta características eléctricas a nivel macroscópico. Atópase en estado positivo cando hai diferenza entre o número de protóns e de electróns, tendo máis cargas positivas (protóns) por perda de electróns, e negativo cando os electróns aparecen en maior cantidade por telos gañado o material.

Estes estados dan lugar á súa vez á aparición de forzas eléctricas atraentes ou repulsivas, dependendo do signo dunhas e outras cargas: cargas de igual signo repélense e cargas de distinto signo atráense. A intensidade destas forzas é maior que a das forzas gravitatorias e pódense crear á vontade mediante distribucións axeitadas de carga, que dan lugar á aparición dun campo eléctrico ó seu arredor o que produce a interacción antedita se outra carga se mete en dito campo. A extensión de ditos campos é ilimitada, pois pola lei de Coulomb o campo abrangue ata o infinito, se ben non se considera en xeral así debido á pouca intensidade do campo cando nos afastamos moito da carga que o produce, e tamén debido a que se mestura (compón) con outros campos. O libre desprazamento de electróns no interior do material (por ex.,un metal) provoca a aparición da denominada corrente eléctrica, orixe de efectos físicos como o chamado "efecto Joule" (calórico), a electrólise (químico) ou a indución magnética (magnético).

O transporte da corrente eléctrica pode ser -en función da súa propagación- alternado (corrente alterna) ou continuo (corrente continua), considerándose xeralmente no interior dun metal aínda que tamén é posible, en condicións axeitadas, que o faga no interior dun gas e dunha disolución. A súa xeración pódese levar a cabo de moitos xeitos, por ex., mediante o fregado de corpos ou pola compresión de certos materiais -como por ex., o cuarzo (piezoelectricidade)- ou grazas á diferenza de temperatura de dous corpos unidos mediante unha soldadura (termoelectricidade, efecto de Seebeck), por medio de reaccións químicas (pilas ou acumuladores) ou por causa da indución electromagnética (dínamos e alternadores); este último é o procedemento máis utilizado en procesos industriais. Existe ademais unha íntima relación entre a corrente eléctrica e o campo electromagnético, porque debido á presenza de cargas en movemento a corrente xera o campo e a variación deste último, a aparición dunha corrente eléctrica (indución electromagnética). A conxunción dos campos, o eléctrico e o magnético, é a orixe do campo electromagnético, de estudar o cal se ocupa o electromagnetismo. Considéranse diversas manifestacións da electricidade:

Tipos en electricidade Electricidade atmosférica. Electricidade de cascada. Electricidade de contacto. Cando se poñen en contacto dous corpos de concentracións electrónicas diferentes (é dicir, diferente densidade de carga eléctrica), o corpo de maior concentración cede electróns ó outro, e queda cargado positivamente. Nos condutores é o denominado "efecto volta". Electricidade de frega. Refírese á carga que adquire un corpo cando é fregado. Os exemplos máis clásicos son os da ebonita e o vidro ó ser fregados cunha pel ou cun anaco de la. A carga que adquire o vidro é positiva, e a da ebonita, negativa. Esencialmente, o fenómeno aparece cando dous materiais distintos se aproximan a distancias moleculares, da orde dos 10−10m. Nestas circunstancias un dos corpos cede electróns ó outro, co que o dous quedan cargados con diferente signo, un por exceso e o outro por falta deles, e créase unha diferenza de potencial entre eles. O papel do frotamento consiste só en facilitar que a superficie de contacto sexa o máis extensa posible.

Historia da electricidade

O fenómeno da electricidade foi estudado desde a antigüidade, mais o seu estudo científico sistemático iniciouse nos séculos XVII e XVIII. A finais do século XIX os enxeñeiros lograron aproveitala para uso doméstico e industrial. A rápida expansión da tecnoloxía eléctrica converteuna en piar básico da sociedade industrial moderna.

miniatura|right|Michael Faraday relacionou o magnetismo coa electricidade. Moito tempo antes de que existira algún coñecemento sobre a electricidade, a humanidade era consciente das descargas eléctricas producidas por peixes eléctricos. En textos do Antigo Exipto que datan do referíanse a estes peixes como “os tronadores do Nilo”, descritos como os “protectores” dos outros peixes. Posteriormente, os peixes eléctricos tamén foron descritos polos romanos, gregos, árabes naturalistas e físicos. Autores antigos como Plinio o Vello ou Escribonio Largo, describiron o efecto de adormecemento das descargas eléctricas producidas por peixes eléctricos e raias eléctricas; ademais, sabían que estas descargas podían transmitirse por materias condutoras. Os pacientes que sufrían de enfermidades como a gota e a dor de cabeza tratábanse con peixes eléctricos coa esperanza de que a forte sacudida puidera curalos. Posiblemente o primeiro achegamento ao estudo do raio e a súa relación coa electricidade, atribúese aos árabes, que antes do século XV tiñan a palabra árabe para raio (raad) aplicado ao raio eléctrico.

En culturas antigas do mediterráneo sabían de certos obxectos, como unha barra de ámbar, que se podían fretar con la ou pel e podía atraer obxectos liviáns como plumas. Polo ano Tales de Mileto fixo unha serie de observacións sobre a electricidade estática, onde creu que a fricción dotaba de magnetismo ao ámbar, ao contrario que minerais como a magnetita, que non necesitaban fretarse. Tales equivocouse ao crer que a atracción era producida por un campo magnético, aínda que hai unha relación entre o magnetismo e a electricidade, como probaría a ciencia máis tarde. Segundo unha controvertida teoría, os partos poderían ter coñecido a electrodeposición, baseándose no descubrimento en 1936 da batería de Bagdad, similar a unha cela voltaica, aínda que é moi dubidoso se o artefacto era de natureza eléctrica.

Mentres a electricidade se consideraba aínda pouco máis que un espectáculo de salón no século XVII, William Gilbert realizou unha coidadosa investigación da electricidade e o magnetismo, diferenciando o efecto producido por anacos de magnetita, da electricidade estática producida ao fretar ámbar. Ademais, acuñou o termo neolatino electricus (que á súa vez provén de ήλεκτρον [elektron], a palabra grega para ámbar) para referirse á propiedade de atraer pequenos obxectos despois de fretalos. Isto derivou no uso de "eléctrico" e "electricidade", facendo a súa primeira aparición en 1646 na publicación Pseudodoxia Epidemica de Thomas Browne.

Posteriormente, fixéronse novas aproximacións científicas ao fenómeno no século XVIII por investigadores sistemáticos como Henry Cavendish, Du Fay, van Musschenbroek e Watson. Estas observacións empezan a dar os seus froitos con Galvani,Biografía de Luigi Galvani Epónimos médicos. Historia de la medicina. [14 de maio de 2008] Volta,Giuliano Pancaldi, "Volta: Science and culture in the age of enlightenment", Princeton University Press, 2003. CoulombCoulomb (1785a) "Premier mémoire sur l’électricité et le magnétisme," Histoire de l’Académie Royale des Sciences, pages 569-577. e Franklin,Benjamin Franklin (1706–1790). Science World, from Eric Weisstein's World of Scientific Biography. e, xa a comezos do século XIX, con Ampère, Faraday e Ohm.Biografía de Georg Simon Ohm Asifunciona.com [15 de maio de 2008] Non obstante, a formulación dunha teoría que unificara a electricidade co magnetismo como dúas manifestacións dun mesmo fenómeno non chegou até as ecuacións de Maxwell en 1865.

Os desenvolvementos tecnolóxicos que produciron a primeira revolución industrial non fixeron uso da electricidade. A súa primeira aplicación práctica xeneralizada foi o telégrafo eléctrico de Samuel Morse (1833), que revolucionou as telecomunicacións. A xeración de electricidade industrialmente empezou cando, a finais do século XIX, se espallou a iluminación eléctrica das rúas e casas. A crecente sucesión de aplicacións que esta forma de enerxía produciu fixo da electricidade unha das principais forzas motrices da segunda revolución industrial. Este foi un tempo de grandes inventores, como Gramme,Biografía de Zenobe Gramme (en inglés), Chem.ch [17 de maio de 2008] Westinghouse, von Siemens ou Alexander Graham Bell. Entre eles destacaron Nikola Tesla e Thomas Alva Edison, cunha revolucionaria maneira de entender a relación entre investigación e mercado capitalista que converteu a innovación tecnolóxica nunha actividade industrial. Sitio Oficial de Thomas Alva Edison . Desta guerra das correntes, corrente continua vs corrente alterna, gañaría Tesla co seu sistema trifásico, o que se usa actualmente.

Conceptos Carga eléctrica miniatura|right|Interaccións entre cargas de igual e distinta natureza. Artigo principal: Carga eléctrica. Véxase tamén: Electrón, Protón e Ión. A carga eléctrica é unha propiedade da materia que se manifesta mediante forzas de atracción e repulsión. A carga orixínase no átomo, que está composto de partículas subatómicas cargadas como o electrón e o protón. A carga pode transferirse entre os corpos por contacto directo, ou mediante un material condutor, xeralmente metálico. O termo electricidade estática fai referencia á presenza de carga nun corpo, xeralmente causada por dous materiais distintos que se fretan entre si, transferíndose carga dun ao outro.

A presenza de carga dá lugar á forza electromagnética: unha carga exerce unha forza sobre as outras, un efecto que era coñecido na antigüidade, pero non comprendido. Unha bóla lixeira, suspendida dun fío, podía cargarse co contacto dunha barra de vidro cargada previamente por fricción cun tecido. Viuse que se unha bóla similar se cargaba coa mesma barra de vidro, se repelían entre si. Este fenómeno foi investigado a finais do século XVIII por Charles-Augustin de Coulomb, quen deduciu que a carga se manifesta de dúas formas opostas.Jackson, J.D.. Classical Electrodynamics. John Wiley & Sons, Inc. 2ª edición. 1975. ISBN 978-0-471-43132-9: Este descubrimento trouxo o coñecido axioma "obxectos coa mesma polaridade repélense e con diferente polaridade atráense".Coulomb, C.A.. Construction et usage d'une balance electrique sur la propriete qu’ont les fils de metal, d’avoir une force de réaction de torsion proportionnelle a l'angle de torsion. Mem. de l’acad. Sci. páxs. 569 e 579. 1785.