miniatura|250px|Aplicacións de ebonita en obxectos do século XIX. A ebonita é unha resina sintética de natureza plástica, como o PVC, o polietileno e o PET, rica en xofre (aproximadamente o 20 ou o 30% da súa composición)SANTIAGO, Emerson. Ebonite. Publicado en InfoEscola, o 5 de abril de 2012. Páxina visitada o 24 de setembro de 2012. e aceite de liñaza. Foi inventada a partir da contribución concomitante, porén en separado, de científicos estadounidenses e británicos durante a década de 1830, tendo sido Charles Goodyear o primeiro en sintetizala do xeito como a coñecemos hoxe, a través da aplicación do processo de vulcanización de caucho natural. En 1851, el usou óxido de zinc como recheo. Hoxe obtense a partir de varios cauchos sintéticos. É coñecida popularmente como "caucho duro" e foi chamada polo nome de "vulcanita", durante o século XIX, por causa do seu proceso de fabricación. Como proposta da utilización deste material en troques do ébano gañou o nome que ten hoxe e o termo vulcanita pasou a ser empregado para o mineral.

É utilizada na industria para unha gran variedade de produtos que requiren durabilidade como birlos, o caucho presente nos coches, palletas para instrumentos de vento, peites, plumas estilográficas, tubaxes, botóns, xoiaría e como illamento eléctrico.

Notas

Categoría:Polímeros Categoría:Materiais