A República de Suráfrica é un país situado no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botswana e Zimbabwe; ao leste con Mozambique e Eswatini; mentres que Lesotho é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.

Suráfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o afrikaans, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.

Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,2% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Suráfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos dun euro ao día. Suráfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organizacións da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.

Etimoloxía O nome "Suráfrica" provén da situación xeográfica do país no extremo sur do continente africano. Trala constitución do país chamouse Unión Surafricana, reflectindo así a súa orixe pola unión de catro antigas colonias británicas. Dende 1961 a forma longa do nome é "República de Suráfrica". En inglés coñécese como Republic of South Africa, mentres que en neerlandés chamouse Republiek van Zuid-Afrika até 1983, cando foi substituído pola forma en afrikaans Republiek van Suid-Afrika. Dende 1994 a "República de Suráfrica" ten nome oficial en cada unha das súas 11 linguas oficiais, que son os seguintes:

LinguaForma longaForma curtaAfrikaans Republiek van Suid-Afrika Suid-AfrikaInglés Republic of South Africa South AfricaSesotho do norte Repabliki ya Afrika-Borwa Afrika BorwaNdebele do sur IRiphabliki yeSewula Afrika iSewula AfrikaSesotho Rephaboliki ya Afrika Borwa Afrika BorwaSuazi iRiphabhulikhi yeNingizimu Afrika iNingizimu AfrikaTsonga Riphabliki ra Afrika Dzonga Afrika-DzongaTswana Rephaboliki ya Aforika Borwa Aforika BorwaVenda Riphabuḽiki ya Afurika Tshipembe Afurika TshipembeXosa iRiphabliki yomZantsi Afrika uMzantsi AfrikaZulú iRiphabhuliki yaseNingizimu Afrika iNingizimu Afrika

Mzansi, que deriva do termo xhosa uMzantsi e significa "sur", é un nome coloquial para Suráfrica.

Historia

África do Sur é un dos estados-nacións máis antigos de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xhosa e os zulús. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cales trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da rexión uníronse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.

Véxase tamén a historia do Apartheid

Política O goberno surafricano funciona segundo un sistema parlamentario, aínda que o Presidente de Suráfrica é ó mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno. O presidente é electo nunha sesión conxunta do parlamento bicameral, que consta dunha Asemblea Nacional (National Assembly), ou cámara baixa, e un Consello Nacional de Provincias (National Council of Provinces), ou cámara alta.

A Asemblea Nacional ten 400 membros, electos en representación proporcional. O Consello Nacional de Provincias, que substituíu o Senado no 1997, está composto por 90 membros representando cada unha das nove provincias de África do Sur, alén das grandes cidades.

Cada provincia de África do Sur ten unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).

Xeografía miniatura|Mapa da Suráfrica. África do Sur ten unha paisaxe variada. Na parte occidental, esténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do río Limpopo serve de fronteira con Botswana e Zimbabwe.

O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña.

A maior cidade é Xohanesburgo. A Cidade do Cabo, Durban e Pretoria son outras cidades importantes.

Divisións administrativas

miniatura|Mapa das provincias e distritos da Suráfrica.

Cando o apartheid rematou no 1994, o goberno surafricano tivo que integrar os antigos ¨Bantustans¨ semi ou independentes na estrutura política de Suráfrica. Para acabaren con isto, aboliron as catro antigas provincias de Suráfrica (Provincia do Cabo, Provincia de Natal, Estado Libre de Orange e Transvaal) e substituíronas por outras nove. As novas provincias son moito máis pequenas cás antigas, teoricamente para dar unha mellor facilidade ao goberno de cada unha sobre os distintos municipios.As nove provincias están dividas en 52 distritos, seis dos cales son áreas metropolitanas ou concellos de clase A e os 46 restantes distritos municipais ou concellos de clase C, á súa vez estes 46 distritos municipais divídense en 231 concellos locais ou concellos de clase B. As novas provincias son:

Provincia Antigas provincias Capital Área (km²) Área (mi²) Poboación (2001) O Cabo Oriental Provincia do Cabo, Transkei, Ciskei Bisho 169 580 65 475 6 436 761 Estado Libre Estado Libre de Orange, QwaQwa Bloemfontein 129 480 49 992 2 706 776 Gauteng Transvaal Xohanesburgo 17 010 6 568 8 837 172 KwaZulu-Natal Natal, KwaZulu Pietermaritzburg 92 100 35 560 9 426 018 Limpopo Transvaal, Venda, Lebowa, Gazankulu Polokwane 123 900 47 838 5 273 637 Mpumalanga Transvaal, KwaNdebele, KaNgwane, Bophuthatswana, Lebowa Mbombela 79 490 30 691 3 122 994 O Cabo Setentrional Provincia do Cabo Kimberley 361 830 139 703 822 726 Noroeste Transvaal, Provincia do Cabo, Bophuthatswana Mafikeng 116 320 44 911 3 669 349 O Cabo Occidental Provincia do Cabo Cidade do Cabo 129 370 49 950 4 524 335 Total 1 219 080 470 688 44 819 768

Economía

miniatura|dereita|A Bolsa de Xohanesburgo é a meirande bolsa de valores de todo o continente africano. Suráfrica posúe unha economía mixta que é a segunda máis grande de África despois de Nixeria. Tamén ten un Produto Interior Bruto elevado se se compara con outros países da África subsahariana. Malia isto, Suráfrica aínda padece unha alta taxa de pobreza e desemprego, situándose como un dos dez países do mundo con maior desigualdade económica, segundo o Coeficiente de Gini.

Ao contrario da maioría dos países pobres do mundo, Suráfrica non ten unha economía informal importante, xa que segundo as estimacións da OCDE, só un 15% dos empregos de Suráfrica pertencen ao sector informal, unha porcentaxe moi baixa cando se compara co 50% do Brasil e a India ou o 75% de Indonesia. A OCDE atribúe esta diferenza a que Suráfrica ten un sistema de benestar máis xeneralizado. As investigacións do Banco Mundial amosan que Suráfrica ten unha das maiores diferenzas entre o Produto Nacional Bruto per cápita e o Índice de Desenvolvemento Humano, fenda só superada por Botswana.

Despois de 1994, as políticas do goberno reduciron a inflación, estabilizaron as finanzas públicas e atraeuse capital estranxeiro, aínda que o crecemento económico estivo por debaixo da media. Dende o 2004 a economía repuntou de modo significativo, cun consecuente incremento do emprego. Porén, os inmigrantes ilegais están implicados principalmente no comercio informal e a economía somerxida, polo que moitos seguen a vivir en malas condicións. Ademais, as políticas migratorias tornaron máis restritivas a partir de 1994.

Suráfrica tamén é un destino turístico popular e unha boa parte dos ingresos do país proveñen do turismo. Os principais países cos que comercia Suráfrica sen contar outros países africanos son Alemaña, os Estados Unidos, a China, o Xapón, o Reino Unido e España.

A agricultura contribúe ao 10% do emprego formal do país, sendo esta unha porcentaxe relativamente baixa en comparanza a outras partes de África. Non obstante, tamén dá traballo a moitos temporeiros e supón o 2,6% do PIB do país. Por mor do clima árido, só o 13,5% do solo pode ser empregado para cultivos e tan só o 3% da terra ten alto potencial de cultivo.

En agosto de 2013 Suráfrica foi clasificado como o mellor país africano para o futuro segundo a revista FDi, tendo en conta o seu potencial económico, o medio laboral, a rendibilidade, as infraestruturas e as estratexias de investimento estranxeiro directo. O Índice de Opacidade Financeira sitúa a Suráfrica como 36º paraíso fiscal máis seguro do mundo, por diante de Filipinas e por detrás das Bahamas.

Demografía

miniatura|esquerda|Migracións que formaron a actual Suráfrica. miniatura|Mapa de densidade de poboación de Suráfrica segundo o censo de 2011. Segundo o último censo de poboación de 2011, Suráfrica contaba con preto de 52 millóns de habitantes con diferentes orixes, culturas, linguas e relixións. Nunha estimación realizada en 2014 o número ascendía a 54 millóns.

Suráfrica tamén é fogar duns 5 millóns de inmigrantes ilegais, dos que arredor de 3 millóns son do veciño Zimbabwe. O 11 de maio de 2008 producíronse unha serie de disturbios violentos contra os inmigrantes, sendo o foco a cidade de Alexandra, preto de Xohanesburgo. Nas seguintes semanas a violencia espallouse pola provincia de Gauteng e nas cidades costeiras de Durban e Cidade do Cabo.

Na elaboración do censo, o Servizo Nacional de Estatística de Suráfrica pregunta á poboación que se describa a si mesma segundo cinco grupos raciais. No censo de 2011, os datos amosaron unha composición da poboación na que o 79,2% da poboación era de orixe negra africana, o 8,9% de orixe europea, outro 8,9% de orixe mixta, o 2,5% da India ou do sueste asiático e un 0,5% que se definiu como Outro/Sen especificar. O primeiro censo que se realizou en Suráfrica foi en 1911, e nel amosábase que a poboación de ascendencia europea ascendía ao 22%, baixando até un 16% en 1980.

Suráfrica tamén acolle un número importante de refuxiados e persoas que precisan asilo político. Segundo o World Refugee Survey 2008, publicado polo Comité dos Estados Unidos de América para refuxiados e inmigrantes, está poboación ascendía a 144.700 persoas en 2007. Os diferentes grupos de refuxiados e solicitantes de asilo ascenden a máis de 10.000 persoas, nos que se inclúen 48.400 de Zimbabwe, 24.800 da República Democrático do Congo e 12.900 de Somalia. A meirande parte viven en Xohanesburgo, Pretoria, Durban, Cidade do Cabo e Porto Elizabeth. Algúns refuxiados tamén comezaron a establecerse e vivir en zonas rurais como Mpumalanga, KwaZulu-Natal e Cabo Oriental.

Cultura Linguas Suráfrica ten 11 linguas oficiais: inglés, afrikaans, zulú, suazi, ndebele do sur, linguas sesotho do norte e do sur, tsonga, tswana, venda e xhosa.

O país recoñece ademais oito non oficiais: fanagalo, lobedu, ndebele do norte, phuthi, lingua de signos surafricana, khoe, nama e san. Estas pódense usar en certos usos oficiais en áreas limitadas onde se determinou que estas linguas prevalecen.

Educación miniatura|Escolares en Mitchells Plain.