Xosé Benito Calvo Rego, nado en La Guaira (Venezuela) o 17 de novembro de 1954, é un xornalista e escritor galego, coñecido como Tucho Calvo.
Traxectoria miniatura|Tucho Calvo. Fillo de pais emigrantes, pasou a súa infancia en Ortigueira. Traballa en La Voz de Galicia dende 1976. En 2002 dirixiu a colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, e posteriormente as de Autores Galegos en Castelán e a Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Tamén é o responsable, xunto con Carmela González Boó, de Biblos Clube de Lectores.
Obra en galego Narrativa Froito das lembranzas, 1981, Edicións do Cerne, novela. Pae s. XXI. No comenzo dunha nova historia da humanidade, 1982, Edicións do Cerne, novela. Astra o confín, 1983, Ediciós do Castro, relatos. Telúrico, 1997, Espiral Maior, novela. Luz de abrente, 1999, Galaxia. O xabaril branco, 2000, Ir Indo, novela. Foi traducida ao castelán. Corazón entre desertos, 2002, Ir Indo, relatos.
Ensaio Valentín Paz-Andrade, a memoria do s ulo, 1998, Ediciós do Castro. Derrotas (2024). Betanzos: Biblos. Catálogo da exposición de Tucho Calvo Rego inaugurada o 2 de setembro na sala da libraría Biblos de Betanzos cun texto introdutorio de Mercedes Rozas.
Literatura infantil-xuvenil Viaxe por Trapananda, nas terras que chaman última esperanza, 1996, edición do autor. A castaña que chegou a árbore, 2000, Ir Indo. Gatipedro, 2002, Kalandraka. Traducida ao castelán por el mesmo. Formigas, 2012, Biblos. Paxaro de mar e vento, 2012, Biblos.
Edicións O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade, 1997, La Voz de Galicia. Murguía e La Voz de Galicia, 2000, La Voz de Galicia. Antón Villar Ponte: 100 artigos, 2003, La Voz de Galicia. Carlos Casares: o conto da vida, 2003, La Voz de Galicia. ISBN 84-9757-100-2. Con limiares de Rey Fernández-Latorre e Rubido.
Obras colectivas Parados, en Traballos premiados no 6º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro, 1980, Ediciós do Castro. A gran novela e outras narracións, 1982, Ediciós do Castro. O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia. Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia. Palabra por palabra. Contos da Policía, 2003, Ir Indo. Poetas e narradores nas súas voces. Vol. 2, 2006, Consello da Cultura Galega. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Obra en castelán Literatura infantil-xuvenil El laberinto de Krochne, 1988, Júcar.
Premios Terceiro premio do concurso de contos infantís da Agrupación Cultural O Facho no 1977, por Papá Johnny. Premio Modesto R. Figueiredo no 1980, por Parados. Premio Modesto R. Figueiredo no 1981, por A gran novela. Premio Galicia de novela en 1981, por Froito das lembranzas. Premio O Meco en 1983. Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dicionario biográfico de Galicia, T. 3, Ir Indo Edicións, 2011, Vigo. Ligazóns externas Ficha na Biblioteca Virtual Galega
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados no estado de Vargas Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados na diáspora galega