Lino Braxe Mandiá, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1962 e finado na Coruña o 25 de decembro de 2020, foi un actor, director de teatro e escritor galego.
Traxectoria Comezou no teatro profesional en 1985, coa Compañía Luís Seoane. Actuou en producións da Escola Dramática Galega, Centro Dramático Galego, Malbarate e outras, tamén actor de dobraxe e radio. Foi un dos fundadores da revista Luzes de Galiza. Dirixiu, ata o seu pasamento, o grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Tamén foi locutor de Radio Nacional de España durante dez anos. Nese período de tempo adaptou para a radio a obra dramática completa de Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.
Obra Poesía Banquete, 1990, Sotelo Blanco. Territorios (Poemas, parábolas e contos), 1992, Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia. Entre ruínas, 1996, Espiral Maior. Árdora, 1997, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. A caricia da serpe, 1999, Espiral Maior. O sangue dos árabes, 1999, Xerais. Poemas obxecto e visuais, 1999, Espiral Maior. O longo día acaba, 2002, Deputación da Coruña. Alaridos, 2006, Deputación da Coruña. Baixo o sol de Mesina, 2008, A. C. Caldeirón. Diálogo dos mortos e a noite ou O segredo enamorado, 2008, Espiral Maior. Poemas gardados (2022). A Coruña: Medulia. 164 páxs. ISBN 978-84-125532-6-0. Póstumo.
Narrativa A memória perdida, 1990, Vía Láctea. A cor do ceo, 1999, Xerais.
Teatro A actriz, 1991, Cadernos da Escola Dramática Galega. A promesa, 1993, Ediciós do Castro.
Literatura infanto-xuvenil O conde vampiro, 1995, Sotelo Blanco. O botín da miseria, 2011, Everest Galicia. Sidi, unha viaxe cara a vida (2022). A Coruña: Hércules de Ediciones. 32 páxs. ISBN 9788418966309. Ilustracións de María Braxe.
Edicións Marisa Soto: a voz máis humana, 1999, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais. Obra dramática completa, de Jenaro Marinhas del Valle, 2006, Espiral Maior. Mascarón azul: historias do mar, 2007, Autoridade Portuaria da Coruña. Amarga memoria, de Jenaro Marinhas del Valle, 2008, Espiral Maior.
Obras colectivas De amor e desamor. I. II, 1984 e 1985, Ediciós do Castro. Igor de Albatros en Selene, 1985, Cen Augas. Galicia Emigrante (1954-1971). Escolma de textos da audición radial de Luis Seoane, 1989, Ediciós do Castro. Con Xavier Seoane. 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990. Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Ediciós do Castro. Figuraciós, de Luís Seoane, 1990, Deputación da Coruña. Escolma, edición e estudo con Xavier Seoane. O mar de adentro, 1990, Edicións do Dragón. XI Festival da Poesia no Condado, 1991, S. C. D. Condado. Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña. A máxia da palabra: Cunqueiro na rádio, 1991, Sotelo Blanco. Con Xavier Seoane. Premios Pedrón de Ouro. Premios do "Certame Nacional Galego de narracións breves Modesto R. Figueirido" da Fundación do Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Ediciós do Castro. O camiño das estrelas, 1993, Elsinor Teatro. O cine e a fotografía. Luís Seoane, 1994, CGAI. Con Xavier Seoane Luís Seoane e o teatro, 1996, Ediciós do Castro. Con Xavier Seoane. Luís Seoane: textos sobre arte, 1996, Consello da Cultura Galega. Con Xavier Seoane. Alguén agarda que volva alí, 1998. María Triángulo, 2001, Sotelo Blanco. Con Ana Pontón. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega. O desafío das ondas, 2006, Autoridade Portuaria da Coruña. Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña. Luces no Atlántico: unha homenaxe á Torre de Hércules, 2008, Autoridade Portuaria da Coruña. Con Rómulo Sanjurjo. De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña. En defensa do poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Editorial Toxosoutos. Lois Pereiro: fotobiografía sonora, 2010, Ouvirmos. Lois Pereiro en 17 voces, 2011, La Voz de Galicia. Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar. Ulises, 2011, Everest Galciia. Literatura infanto-xuvenil, en colaboración con Ana Pontón. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico. Banqueiros, 2012, Laiovento. Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).libro electrónico De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Actor Televisión Mosteiros (TVG). Pratos combinados (TVG). Mareas vivas (TVG). Rías Baixas (TVG). Galicia Exprés (TVG). A vida por diante (TVG).
Cine Un café de ollos verdes, 1992 (mediametraxe). Sen motivo aparente, 1994 (curtametraxe). Afonía, 1996 (curtametraxe). A mercería, 2000 (curtametraxe). O trasto, 2002 (curtametraxe).
Premios Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo en 1991, por Anatomías. Gañador do Concurso de Teatro Breve do Facho en 1991, por A actriz. Accésit do Premio Esquío de poesía en 1996, por Árdora. Accésit do Premio de poesía Miguel González Garcés en 2002, por O longo día acaba. Finalista XIII edición do Premio Miguel González Garcés en 2006, por Alaridos. Accésit no Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas do 2007, por Baixo o sol de Mesina. Mención de honra do Premio Estornela de Teatro para nenos no 2012, por O corazón do bosque. Foi nomeado Premio de Honra Marisa Soto a título póstumo en 2022. Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de Mugardos Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Directores de teatro de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1962
Categoría:Finados en 2020