1934 (MCMXXXIV) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos miniatura|300px|De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934. Agosto: Adolf Hitler convértese en xefe do goberno e de Estado (Reichsführer) de Alemaña. 5 de outubro: Iníciase a revolución de outubro en Asturias, seguida pola proclamación, o día 6, en Cataluña do "Estado catalán dentro da República federal española". 19 de outubro: Sae do prelo a obra Retrincos, de Castelao, editada pola editorial Nós. O asturiano Pepín Fernández abre, en Madrid, o primeiro grande almacén de vendas español: Galerías Preciados; no ano seguinte abriría o seu rival, El Corte Inglés.

Nacementos 2 de xaneiro - Víctor García de la Concha, filólogo, académico e profesor español. 7 de xaneiro - Tassos Papadopoulos, presidente de Chipre. 11 de xaneiro - Jean Chrétien, primeiro ministro do Canadá. 18 de xaneiro - José Manuel Romay Beccaría, político español. 20 de xaneiro - Vladimir Dashkevich, compositor ruso. 30 de xaneiro - Giovanni Battista Re, cardeal italiano. 7 de febreiro - Edward Fenech Adami, presidente de Malta. 13 de febreiro - George Segal, actor estadounidense. 14 de febreiro - Herwig Wolfram, historiador austríaco. 15 de febreiro - Niklaus Wirth, científico da computación estadounidense. 24 de febreiro - Bettino Craxi, primeiro ministro da Italia (m. 2000). 5 de marzo - Daniel Kahneman, economista israelí, Premio Nobel de Economía. 9 de marzo - Iuri Gagarin, astronauta soviético (m. 1968). 25 de marzo - Gloria Steinem, escritora e activista política estadounidense (m. 2026). 31 de marzo - Carlo Rubbia, físico italiano, Premio Nobel. 31 de marzo - Edite Soeiro, xornalista portuguesa. 22 de abril - Valentín Arias, escritor e tradutor galego. 24 de abril - Shirley MacLaine, actriz estadounidense. 29 de abril - Pedro Verona Rodrigues Pires, presidente de Cabo Verde. 21 de maio - Bengt I. Samuelsson, bioquímico sueco, Premio Nobel. 23 de maio - Robert Moog, inventor do sintetizador. 6 de xuño - Rei Alberte II de Bélxica. 15 de xuño - Mikel Laboa, cantante e compositor vasco. 16 de xuño - William Forsyth Sharpe, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía. 1 de xullo - Sydney Pollack, director de cine americano. 11 de xullo - Giorgio Armani, deseñista de roupas italiano. 12 de xullo - Gualberto Castro, cantante e compositor mexicano. 13 de xullo - Wole Soyinka, escritor nixeriano, Premio Nobel de Literatura. 3 de agosto - Jonas Savimbi, líder rebelde angolano (m. 2002). 6 de agosto - Gianfrancesco Guarnieri, actor brasileiro (m. 2006). 6 de agosto - Cláudio Hummes, cardeal brasileiro da Igrexa católica. 23 de agosto - Barbara Eden, actriz estadounidense. 2 de setembro - Hilla Becher, fotógrafa alemá (m. 2015) 4 de setembro - Clive Granger, economista escocés, Premio Nobel. 19 de setembro - Brian Epstein, empresario do grupo The Beatles (m. 1967). 20 de setembro - Sophia Loren, actriz italiana. 21 de setembro - Leonard Cohen, cantautor canadense. 28 de setembro - Brigitte Bardot, actriz e activista política francesa. 13 de outubro - Nana Mouskouri, cantante grega. 23 de outubro - Caitro Soto, músico e cantautor peruano. 9 de novembro - Carl Sagan, astrónomo e biólogo estadounidense (m. 1996). 9 de decembro - Junior Wells, músico estadounidense (m. 1998). 10 de decembro - Howard Martin Temin, xeneticista estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (m. 1994). 15 de decembro - Abdullahi Yusuf Ahmed, presidente de Somalia. 24 de decembro - Stjepan Mesić, presidente de Croacia. 28 de decembro - Xosé Fortes Bouzán, militar e historiador galego.

Mortes 150px|dereita 220px|dereita 7 de xaneiro - Xosé María Brea Segade, escritor galego. 15 de xaneiro - Hermann Bahr, escritor austríaco (n. 1863). 30 de xaneiro - Mercedes Tella, pedagoga e escritora galega. 17 de febreiro - Rei Alberte I de Bélxica (n. 1875). 21 de febreiro - Augusto César Sandino, revolucionario nicaraguano (n. 1895). 21 de marzo - Paul Ludwig Troost, arquitecto alemán. 20 de maio - Salvador Cabeza de León, galeguista e profesor galego. 11 de xuño - Lev Vigotski, psicólogo soviético. 16 de xuño - Manuel Lezón Fernández, avogado e político galego (n. 1854). 2 de xullo - Ernst Röhm, militar alemán, cofundador das SA e ministro de Hitler. 4 de xullo - Marie Curie, científica francesa, Premio Nobel de Física e de Química (n. 1867). 9 de xullo - Xulián Magariños, escritor galego (n. 1904). 18 de xullo - Nicolás García Pereira, escritor, xornalista e político galego (n. 1900). 25 de xullo - Engelbert Dollfuss, chanceler austríaco (1932–1934). 2 de agosto - Paul von Hindenburg, presidente de Alemaña (n. 1847). 7 de agosto - Amando Castroviejo Nobajas, profesor e político español (n. 1874). 20 de agosto - Raymond Poincaré, presidente de Francia (n. 1860) 21 de agosto - Alfredo García Ramos, xurista, escritor e xornalista galego. 28 de setembro - Joaquín Poza Juncal, avogado, xornalista e político galego (n. 1899). 5 de outubro - Jean Vigo, director de cine francés (n. 1905). 9 de outubro - Louis Barthou, político francés. 17 de outubro - Santiago Ramón y Cajal, médico español, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1852). 8 de novembro - Carlos Chagas, médico brasileiro (n. 1879). 30 de novembro - Celestino López de Castro, médico galego (n. 1860).

Premios Nobel Física: Non concedido Química: Harold Clayton Urey Fisioloxía ou Medicina: George H. Whipple, George R. Minot e William P. Murphy Literatura: Luigi Pirandello Paz: Arthur Henderson

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1934