Fukuyama (福山市, ふくやまし, Fukuyama-shi) é un concello da prefectura de Hiroshima no Xapón. Está situado ó extremo leste da prefectura, na zona da provincia histórica de Bingo e no centro da parte San'yō da rexión de Chūgoku, no oeste da illa de Honshū. Ten 518,07 km² de superficie, unha poboación de 461.745 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 891 h/km².

O concello de Fukuyama limita cos concellos de Onomichi, Fuchū, Jinsekikōgen (que son da prefectura de Hiroshima); Ibara e Kasaoka (que son da prefectura de Okayama).

Personaxes de sona Masuji Ibuse (井伏 鱒二, いぶせ ますじ, 1898 - 1993) - Escritor.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio oficial da cidade de Fukuyama Sitio oficial da cidade de Fukuyama

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Hiroshima Categoría:Rexión de San'yō