Kudamatsu (下松市, くだまつし, Kudamatsu-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón. Está situado na parte sueste da prefectura, na área da provincia histórica de Suō, e ao suroeste da rexión de Chūgoku, no extremo oeste da illa de Honshu. Ten 89,36 km² de superficie, unha poboación de 56.215 habitantes (2010) e unha densidade de poboación de 607 hab./km².

O concello de Kudamatsu limita cos concellos de Shūnan e Hikari.

Xeografía Illa de Kasado (笠戸島, かさどじま, Kasado-jima).

Economía Na zona costeira fórmase a zona industrial de Shūnan coas cidades veciñas de Shūnan e Hikari.

Notas

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kudamatsu .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Yamaguchi Categoría:Rexión de San'yō