miniatura|dereita|Natasha Richardson Natasha Jane Richardson, nada en Londres o 11 de maio de 1963 e finada en Nova York o 18 de marzo de 2009, foi unha actriz inglesa de cinema e teatro, gañadora dun Premio Tony.
Traxectoria Dunha familia de actores, era filla do director e produtor Tony Richardson e da actriz Vanessa Redgrave, irmá ademais da actriz Joely Richardson; e estaba casada con Liam Neeson dende 1994 con quen tivo dous fillos.
Richardson fixo a súa primeira aparición perante as cámaras aos catro anos nunha película dirixida polo seu pai, The Charge of the Lightgade (1968). Asistiu á Central School of Speech and Drama de Londres. En 1998 gañou un Premio Tony pola súa interpretación no musical Cabaré. Traballou en varias obras de teatro e en diversos filmes.
O 16 de marzo de 2009 sufriu un accidente cando estaba a tomar unhas clases de esquí no resort de Mont Tremblant (Quebec), ocasionándolle morte cerebral. Dous días máis tarde, o 18 de marzo de 2009, faleceu no hospital Lenox Hill de Nova York.
Filmografía Gothic (1986) - Mary Shelley Patty Hearst (1988) - Patricia Hearst The Comfort of Strangers (1990) - Mary The Favour, the Watch and the Very Big Fish (1991) - Sybil Past Midnight (1992) - Laura Mathews Nell (1994) - Dr. Paula Olsen Widows' Peak (1994) - Mrs Edwina Broome The Parent Trap (1998) - Elizabeth James Haven (2001) - Ruth Gruber Blow Dry (2001) - Shelley Allen Waking Up In Reno (2002) - Darlene Dodd Sucedeu en Manhattan (2002) - Caroline Lane The White Countess (2005) - Condesa Sofia Belinskya Asylum (2005) - Stella Raphael Evening (2007) - Constance Lord Wild Child (2008) - Mrs Kingsley
Notas
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1963 Categoría:Finados en 2009