miniatura|200px|Caracteres tipográficos metálicos A tipografía (do grego τύπος, typos, golpe ou pegada, e γράφω graphο, escribir) é a arte e técnica do manexo e selección de tipos, orixinalmente de chumbo, para crear traballos de impresión. O tipógrafo Stanley Morrison definiuna como:

É unha ferramenta de comunicación e de transmisión de ideas presente en campos nos que especialmente os elementos visuais teñen importancia, como por exemplo a publicidade, a arte, o márketing, o deseño... Comprende a realización de calquera produto (xa sexa impreso ou non) que se comunica cos demais mediante palabras. A pesar de non comunicar a través de imaxes, xa que é un campo distinto, nalgunhas ocasións trabállase con elas. Unha imaxe comunica moita máis información e de maneira máis rápida, eficaz e sinxela ca unha palabra. Cabe mencionar a diferenza entre tipografía e caligrafía pois, mentres a primeira caracterízase polo emprego de máquinas para poder creala, a segunda tende a crearse a man. miniatura Esta técnica ten a súa orixe coa creación do papel, así mesmo. Coas primeiras impresións (antigos bloques de madeira talada) foi posible producir textos. Uns anos máis tarde, sobre o século XV, Johannes Gutenberg creou en Alemaña unha forma de creación de moldes usados para elaborar letras e así poder imprimilas no papel creando textos. O primeiro libro impreso foi a Biblia con 42 liñas por páxina. O éxito desta técnica fomentou a súa propagación por toda Europa e o seu perfeccionamento. Un dos lugares nos que destacou a innovación na imprenta foi Italia, onde conseguiron plasmar a caligrafía humanista e carolinxia, marcando un punto de partida para as tipografías que temos hoxe en día.

A tipografía encárgase da materialización visual da escritura, non só hai que xogar artisticamente cos elementos gráficos, senón que se debe gardar a lexibilidade, a harmonía e a coherencia creando á súa vez un produto visualmente agradable en canto á cor, os espazos...A seleción dunha fonte determinada achega certo valor de credibilidade ao texto, como ocorre por exemplo cos periódicos. Algúns exemplos son Franklin, Gothic, Futura, Helvética, Century... O emprego axeitado da tipografía pode marcar a diferenza entre chamar ou afastar os lectores e futuros compradores.

Elementos tipográficos Velaquí a táboa fundamental de elementos tipográficos: Á á É é Í í Ó ó Ú ú Ü ü Ñ ñ · ¡ ¿ «» - † º ª ·  Šâ Ĉ ĉ Ê ê Ŝ ŝ · Č č Ć ć Đ đ Š š Ž ž · Ä ä Ë ë Ö ö Ü ü · Ç ç · Ā ā å Ē ē Ī ī Ō ō Ū ū · ß · Ð ð Þ þ · Æ æ Œ œ · – — · ~ | ° § → · ≈ ± − × ¹ ² ³ · ‘ “ ’ ” · £ € · Α α Β β Γ γ Δ δ · Ε ε Ζ ζ Η η Θ θ · Ι ι Κ κ Λ λ Μ μ · Ν ν Ξ ξ Ο ο Π π · Ρ ρ Σ σ ς Τ τ Υ υ · Φ φ Χ χ Ψ ψ Ω ω ø Ø

A primeira tipografía foi a romana estabelecida na cidade de Venecia, modelada por Claude Bandemaur, escritor e biólogo.

Elementos Tipográficos Romana/Francesa: Á á É é Í í Ó ó Ú ú Ü ü Ñ ñ · ¡ ¿ «» - † º ª ·  Šâ Ĉ ĉ Ê ê Ŝ ŝ · Č č Ć ć Đ đ Š š Ž ž · Ä ä Ë ë Ö ö Ü ü · Ç ç · Ā ā å Ē ē Ī ī Ō ō Ū ū · ß · Ð ð Þ þ · Æ æ Œ œ · – — · ~ | ° § → · ≈ ± − × ¹ ² ³ · ‘ “ ’ ” · £ € · Α α Β β Γ γ Δ δ · Ε ε Ζ ζ Η η Θ θ · Ι ι Κ κ Λ λ Μ μ · Ν ν Ξ ξ Ο ο Π π · Ρ ρ Σ σ ς Τ τ Υ υ · Φ φ Χ χ Ψ ψ Ω ω ø Ø (similares aos elementos da tipografía exipcia)

Tipógrafos Adolphe Mouron Cassandre Adrian Frutiger Aldus Manutius Bruce Rogers Claude Garamond Ed Benguiat Eric Gill Erik Spierkermann Firmín Didot Francesco (Griffo) de Bologna Francois Ambroise Didot Francisco Gálvez Pizarro Frederic William Goudy Giambattista Bodoni Hebert Bayer Herb Lubalin Hermann Zapf Jacques Sabon Jan Tschichold John Baskerville Johannes Gutenberg José Martínez de Sousa Luis Siquot Lucas de Groot Manuel Corradine Morris Fuller Benton Neville Brody Nicolas Jenson Paul Renner Rubén Fontana Pierre Simon Fournier Stanley Morison William Caslon William Addison Dwiggins Zuzana Licko

Notas