O termo Boca pode referirse a:

En anatomía, a boca ou cavidade ou orificio bucal ou oral é o órgano por onde se inxiren os alimentos, sendo a porta de entrada do aparello dixestivo dun animal; Tamén en anatomía, o epigastrio é a boca do estómago ou do peito; En xeografía, unha boca é unha entrada estreita dun corpo de auga, dunha embocadura, dun porto, dun río, dunha ría; En música, a boca é unha peza dalgúns instrumentos; En náutica, a boca é a máxima medida dunha embarcación.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Bocamaos, parroquia do concello de Lugo; Bocamaos, lugar de dita parroquia; O Vilar de Bocamaos, lugar de dita parroquia; A Boca, lugar da parroquia de San Martiño de Anllo, no concello de Sober; A Boca, lugar da parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra; A Boca da Fraga, lugar da parroquia de Vieiro, no concello de Viveiro; A Boca da Leira, lugar da parroquia da Pedra, no concello de Cariño. Boca da Grande, lugar da parroquia de Muras, no concello de Muras; Boca de Canle, lugar da parroquia da Ría de Abres, no concello de Trabada; Bocacarreira, lugar da parroquia de Bóveda, no concello de Begonte.

Fóra de Galiza

En Castela e León Boca de Huérgano, concello español da provincia de León.

En Italia Boca, concello italiano. Neste lugar prodúcese o viño Boca.

Na Arxentina La Boca, barrio da cidade arxentina de Buenos Aires; deste barrio é o Club Atlético Boca Juniors.

Nos Estados Unidos de América Boca Raton, cidade estadounidense do Palm Beach County, Florida. Tamén neste estado hai topónimos como o do census-designated place (CDP) de Boca Pointe e Boca del Mar; a illa Boca Chica Key, no arquipélago de Florida Keys; Boca Grande é unha pequena área residencial de Illa Gasparilla.

En México Boca del Río, cidade mexicana do estado de Veracruz.

Na República Dominicana Boca Chica, municipio dominicano da provincia de Santo Domingo.

Véxase tamén Outros artigos

O Boco, lugar da parroquia de Santo Eusebio da Peroxa, no concello de Coles; Boca, filme de Walter Avancini e Zalman King (1994); Bird Observation & Conservation Australia (BOCA).