Zodiac é un filme de suspense de 2007 dirixido por David Fincher e baseado en dous libros sobre feitos reais escritos por Robert Graysmith: Zodiac e Zodiac Unmasked. Está protagonizada por Jake Gyllenhaal, Mark Ruffalo e Robert Downey Jr..
Un famoso asasino en serie coñecido como "Asasino do Zodíaco" actuou na Área da Baía de San Francisco durante o final dos anos 60, deixando varias vítimas atrás e desconcertando á policía coas súas cartas e correos cifrados á prensa. O filme narra a historia dos homes e mulleres involucrados na caza do asasino, un caso que permanece aínda como un dos crimes sen resolver máis famosos de San Francisco.
Fincher, o guionista James Vanderbilt e o produtor Brad Fischer pasaron 18 meses realizando a súa propia investigación e indagando nos asasinatos de Zodiac. Durante a rodaxe, Fincher utilizou unha cámara dixital Thomson Viper para filmar a película. Foi a primeira vez que se empregou esta cámara para a rodaxe completa dunha produción de Hollywood. As críticas para a película foron positivas e, aínda que non tivo moito éxito no portelo total de norteamérica, o seu éxito no resto do mundo fixo que obtivera unha recadación global de 83.264.441 dólares.
Estreouse en galego o 23 de maio de 2017 a través da TVG.
Personaxes Jake Gyllenhaal como Robert Graysmith Mark Ruffalo como Inspector David Toschi Robert Downey, Jr. como Paul Avery Anthony Edwards como Inspector William Armstrong Brian Cox como Melvin Belli John Carroll Lynch como Arthur Leigh Allen Chloë Sevigny como Melanie Graysmith Elias Koteas como Sarxento Jack Mulanax Dermot Mulroney como Capitán Marty Lee Donal Logue como Ken Narlow John Getz como Templeton Peck John Terry como Charles Thieriot Philip Baker Hall como Sherwood Morrill Adam Goldberg como Duffy Jennings Zach Grenier como Mel Nicolai Ciara Hughes como Darlene Ferrin Lee Norris como Xove Michael Mageau Jimmi Simpson como Michael Mageau Pell James como Cecelia Shepard Patrick Scott Lewis como Bryan Hartnell James LeGros como Oficial George Bawart Charles Fleischer como Bob Vaughn Clea DuVall como Linda del Buono
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Asasino do Zodíaco Zodiac (libro)
Ligazóns externas Zodiac Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Fincher Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes rodados en San Francisco Categoría:Filmes ambientados en 1969 Categoría:Filmes ambientados en 1971 Categoría:Filmes ambientados en 1978 Categoría:Filmes ambientados en 1983 Categoría:Filmes ambientados en 1991 Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes sobre xornalistas Categoría:Filmes sobre asasinos en serie Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego