miniatura|200px|dereita|Póster da exposición de Les XX en 1889 Os XX (en francés, Les XX) foi un grupo de vinte pintores belgas, debuxantes e escultores, que se formou en 1883 polo avogado, editor e empresario de Bruxelas Octave Maus.

Traxectoria Durante dez anos, estes vingtistes, como se chamaban a si mesmos, celebraron unha exposición anual da súa arte; cada ano invitábase tamén a outros vinte artistas internacionais a participar na exposición. Entre os artistas invitados ao longo dos anos estiveron: Camille Pissarro (1887, 1889, 1891), Claude Monet (1886, 1889), Georges Seurat (1887, 1889, 1891, 1892), Paul Gauguin (1889, 1891), Paul Cézanne (1890), e Vincent van Gogh (1890, 1891).

Os XX foi, en certa medida, un sucesor do grupo L'Essor. O rexeitamento da obra de Ensor O comedor de recoiro en 1883 polo Salón L'Essor, logo doutro rexeitamento anterior polo Salón de Anveres, foi un dos acontecementos que levou á formación dos XX. A sociedade de exposición belga fundouse o 28 de outubro de 1883 en Bruxelas.

Logo da exposición de 1892, a sociedade dos XX transformouse en «La Libre Esthétique», que desapareceu coa primeira guerra mundial.

Once membros fundadores James Ensor 1860-1949 Théo van Rysselberghe 1862-1926 Fernand Khnopff 1858-1921 Alfred William Finch Frantz Charlet n. 1862 Paul Du Bois Charles Goethals c1853–85 Darío de Regoyos (español) Willy Schlobach n. 1864 Guillaume Van Strydonck 1861–1937 Rodolphe Wytsman 1860–1927

Nove membros invitados Guillaume Vogels Achille Chainaye 1862–1915 Jean Delvin n. 1853 Jef Lambeaux Périclès Pantazis (grego) 1849-1884 Frans Simons 1855–1919 Gustave Vanaise 1854–1902 Piet Verhaert 1852–1908 Théodore Verstraete 1850–1907

Doce membros invitados posteriores Felicien Rops 1833-1898 Georges Lemmen 1865-1916 George Minne 1866-1941 Anna Boch 1848-1926 Henry van de Velde Guillaume Charlier Henry De Groux Robert Picard n. 1870 Jan Toorop (Holandés) Odilon Redon (Francés) Paul Signac (Francés) Isidore Verheyden

Outros vencellados cos XX Henri Jacques Evenepoel 1872-1899 Xavier Mellery 1845-1921 Jean Delville 1867-1953 William Degouve de Nuncques 1867-1935 Rik Wouters 1882-1916 Eugène Laermans Philippe Wolfers

Estranxeiros Max Liebermann (alemán) 1847-1935 John Singer Sargent (estadounidense) 1856-1925 James McNeill Whistler (estadounidense) 1834-1903 William Merritt Chase (estadounidense) 1849-1916 William Stott (británico) 1857-1900 Walter Crane (británico) 1845-1915

Franceses Paul Cézanne Claude Monet Auguste Renoir Henri de Toulouse-Lautrec Georges Seurat Paul Gauguin Alfred Sisley

Escritores Villiers de l'Isle-Adam, Paul Verlaine, Stéphane Mallarmé

Compositores César Franck, Vincent d'Indy, Gabriel Fauré, Ernest Chausson, Eugene Ysaye (violinista)

Véxase tamén Bibliografía Octave Maus, L’Espagne des artistes (Bruxelas, 1887). Octave Maus, Souvenirs d’un Wagnériste: Le Théâtre de Bayreuth (Bruxelas, 1888). Octave Maus, Les Préludes: Impressions d’adolescence (Bruxelas, 1921). Autour de 1900: L'Art Belge (1884-1918). Londres: The Arts Council, 1965. Block, Janet. Les XX and Belgian Avant-Gardism 1868-1894.Studies in Fine Arts: The Avant garde. Ann Arbor: UMI Research press, 1984. Les XX, Bruxelles. Catalogue des dix expositions annuelles. Bruxelas: Centre international pour l'étude de XIXe siècle, 1981. Stevens, Mary Anne e Robert Hoozee, eds. Impressionism to Symbolism: The Belgian Avant-Garde 1880-1900. catálogo exposición. Londres: Royal Academy of Arts, 7 de xullo a 2 de outubro de 1994.

Ligazóns externas

Verenigingen Les XX

Categoría:Pintores de Bélxica Categoría:Movementos pictóricos