A Ponte Taboada é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no lugar da Estación, parroquia de Taboada, no concello de Silleda. Se ben ningún tren efectúa parada nesta estación, foi restaurada e recuperada do paso do tempo.

Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 325,242 da liña Zamora - A Coruña de ancho convencional a 383 metros de altitude,Ponte Taboada Euroferroviarios entre as estacións de Lalín e A Bandeira. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño — Santiago de Compostela da liña férrea que tiña como obxectivo unir Zamora coa Coruña. A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que nacera en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

A estación O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central de dous pisos ao que se anexa unha torre de tres pisos. Ten dúas plataformas laterais aos que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Información na páxina de Adif

Ponte Taboada Categoría:Silleda