O Irixo é unha estación de tren de Adif situada na parroquia do Campo, preto da vila do Irixo. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 298 da liña Zamora - A Coruña de largo ibérico a 549 metros de altitude, entre as estacións do Carballiño e Lalín.Carballiño (Est.) Euroferroviarios O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.Ourense a Santiago de Compostela Spanishrailway A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación Atópase ao sur do Irixo. Seguindo a liña arquitectónica das estacións deste tramo da liña o edificio para viaxeiros é unha construción en pedra, de planta irregular e dúas alturas con cheminea lateral e tellado de tella de varias vertentes. Dous soportais apoiados en arcos rebaixados adornan as dúas fachadas da estación. Ten dúas plataformas, unha lateral e outra central, ás que acceden tres vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 20 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 2 MD Santiago de Compostela <> Ourense-San Francisco
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web de Adif
Irixo Categoría:O Irixo