Magne Gunnbjørn Myrmo, nado en Rennebu o 30 de xullo de 1943 e finado o 19 de novembro de 2025,Magne Myrmo er død: – Han var ein legendarisk skiløpar foi un esquiador de fondo noruegués.
Myrno gañou o Festival de Esquí de Holmenkollen dúas veces en 15 km (1970 e 1972) e unha vez en 50 km (1974), recibiu a medalla Holmenkollen en 1972, compartida con Rauno Miettinen. Nas Olimpiadas de Inverno de 1972 levou unha medalla de prata nos 50 km.
Entre 1973 e 1974 produciuse unha revolución no equipamento do esquí de fondo ó quedaren substituídos os esquís de madeira pola fibra de vidro pero o equipo noruegués competiu nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1974 en Falun cos tradicionais esquís de madeira; aínda así Myrmo conseguiu a medalla de ouro en 15 km ó superar por menos dun segundo o alemán oriental Gerhard Grimmer que competía cos novos esquís de fibra de vidro. Myrmo foi o último campión do mundo en usar esquís de madeira. Neses campionatos tamén conseguiu a medalla de bronce en relevos 4×10 km.
Notas
Categoría:Nados no condado de Sør-Trøndelag Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Esquiadores de fondo olímpicos de Noruega Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Noruega Categoría:Medallistas olímpicos en esquí de fondo Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1976