Périgueux, en occitano Periguers [peri'gʏ:] ou Peireguers [pejre'gʏ:], é unha cidade do departamento francés de Dordoña, na rexión Aquitania. É a capital (préfecture) do departamento. O primeiro de xullo do 2005 estimábase a súa poboación en 29 600 habitantes. Está vencellada ao Camiño de Santiago.
Monumentos e lugares turísticos Periguers presenta un patrimonio admirable, con 43 monumentos históricos e un importante sector conservado. Son destacábeis:
Os restos da fortaleza galorromana de Vesona miniatura|200px|dereita|A Torre de Vesona A Torre de Vesona, resto dun templo dedicado á deusa tutelar da cidade galorromana; As ruínas do Anfiteatro romano, realzado hoxe por un xardín; O museo Vesunna, erguido sobre os vestixios dunha domus polo arquitecto Jean Nouvel.
A cidade medieval A catedral de Saint-Front, inscrita no Patrimonio Mundial da Humanidade, é unha das etapas máis famosas da peregrinación xacobea. De estilo románico bizantino, presenta cinco cúpulas formando unha cruz grega. A igrexa románica de Santo Estevo, antiga catedral, da que fican aínda dúas cúpulas; O convento das Donas da Fe (século XII) A Torre Mataguerra (século XIII), resto das fortificacións medievais;
A cidade renacentista A Maison dos Cónsules, que se mira no río Eila (nome occitano; Isle en francés); O Chasteu Barriera (ruínas), castelo que debe o nome a unha familia da cidade; A Maison dau Pastissier, favorecida pola restauración da Plaça Sent Loís´; Varios pazos ou ostaus dos séculos XV e XVI sitos no antigo Puei Sent Front (ostaus Gamenson, Sench Astier, de Abzac de La Dosa, de Lestrada,...)
Outros A Prefectura (século XIX) : cunha fachada en estilo do Segundo Imperio e salóns seguindo modelos dos pazos de Versalles, Fontainebleau e do Louvre. O Museo de Arte e de Arqueoloxía do Perigòrd. O Museo Militar do Perigòrd.
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial da cidade
Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Dordoña Categoría:Localidades do Camiño Francés