Omar Bravo Tordecillas, nado en Los Mochis (Sinaloa) o 4 de marzo de 1980, é un futbolista mexicano. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o CD Guadalajara.
Traxectoria Inicialmente comezou na súa nenez xogando ao béisbol para o equipo municipal de Los Mochis e ademais practicou de maneira non profesional o boxeo, deporte que non foi do agrado dos seus pais; aínda que en realidade sempre lle apaixonou o fútbol e sempre soñou con converterse en futbolista profesional. Á idade de 12 anos comezou a meterse de cheo no mundo fubolístico.
Bravo sempre destacou neste deporte. Iniciouse xogando no equipo da súa escola, pero constantes participacións destacadas levárono a xogar co equipo do municipio e máis adiante co do Estado.
En 1994 foi visitado por visores do equipo Santos Laguna da cidade de Torréon, pero os estudos impediron o seu pase. Ao final decidiu aceptar a oferta e foi contratado polo Club Deportivo Guadalajara, indo visitar as instalacións do club e acordando que se lle convencía o que vía puidese asinar con eles, cousa que finalmente fixo. Finalmente, o 17 de febreiro de 2001 debutou co primeiro equipo do "Chivas" de Guadalajara nun partido contra o Tigres de la UANL que rematou en empate (0–0). De aí en diante Bravo consolidouse como un dos mellores goleadores do fútbol mexicano e da historia de Las Chivas.
Despois do Mundial 2006 No torneo local logrou ser campión coas Chivas no Apertura 2006; nese torneo Bravo foi peza fundamental para a obtención do título cos seus valiosos goles.
No torneo de Clausura 2007, Omar Bravo obtivo o título de goleador do torneo con 11 dianas, superando ao arxentino dos Jaguares de Chiapas Javier Cámpora, o cal obtivo 1 gol menos que o mochiteco.
Ningún xogador nacional gañara o título de goleador desde que o fixese Jared Borgetti no torneo Verán 2001, ademais de que ningún xogador do Guadalajara o fixera desde 1961, cando o mítico Salvador Reyes alzouse co título de goleo con 21 anotacións.
O día 26 de abril de 2008 alcanzou o seu gol número 100 ante a goleada ao Puebla de 4-0, converténdose no segundo mellor goleador da historia de Chivas, a 22 goles de Salvador Reyes.
Deportivo da Coruña O xoves 22 de maio do 2008 fíxose oficial o traspaso de Omar ao Deportivo da Coruña. O xogador asinou un contrato de tres anos co equipo español uníndose ao seu compatriota Andrés Guardado.http://www.informador.com.mx/deportes/2008/14133/6/bravo-causa-impacto.htm Bravo causa impacto."Xa é do Dépor"
O dianteiro recibirá 1 millón de euros do Deportivo da Coruña, máis 1 millón 295 anuais, rexeitando a oferta de 8 millóns de dólares en catro anos polo Club Deportivo Guadalajara.
No Deportivo levou o número 9 e anotou 3 goles, 1 na liga, e outros 2 na Copa do Rei contra o Elche e o Sevilla. O seu paso polo fútbol europeo rematou cedo, xa que non cumpriu coas expectativas ao participar en poucos partidos e anotando poucos goles, polo que a partir do 27 de febreiro de 2009 regresou ao fútbol mexicano para xogar cos Tigres de la UANL en calidade de cedido.
Cruz Azul O 2 de decembro de 2011 anunciouse que Bravo non volvería ao Kansas City in 2012, e no seu lugar firmaría co Cruz Azul no seu México natal. Bravo anotou dous goles na vitoria contra San Luis FC (3–1).
Selección nacional O seu debut coa Selección mexicana, foi o 13 de marzo de 2003 no encontro amigable entre as seleccións de México e Bolivia, onde o cadro mexicano impúxose 2-0 en Dallas, Texas, Estados Unidos.
Foi convocado ao Mundial de Alemaña 2006 para xogar coa selección mexicana dirixida naquel entón por Ricardo A Volpe. No partido inicial anotou 2 goles na vitoria do 'Tri' 3-1 sobre Irán. Nos seguintes dous partidos ante Angola e Portugal non tivo tanta sorte, ao non marcar ningunha anotación, ademais de fallar un tiro penal no último partido. Non participou no encontro de oitavos de final ante Arxentina.
En 2007, Bravo foi seleccionado polo adestrador Hugo Sánchez Márquez para representar ao seu país e xogar unha serie de partidos amigables internacionais, así como a Copa de Ouro 2007 (perdendo na final ante os Estados Unidos), e a Copa América 2007 (perdendo en semifinais contra a Arxentina), e gañando o 3er. lugar tras vencer ao Uruguai 3-1, na Copa América meteu 3 goles.
Co actual adestrador da selección Sven-Göran Eriksson, Omar foi chamado para xogar o México-Xamaica, partido de clasificación para o Mundial de Suráfrica 2010, onde o resultado foi de 3-0 a favor de México, Omar non xogou. Tivo participación no encontro contra o Canadá, nas mesmas eliminatorias, partido no cal Omar Bravo entrou de cambio e anotou un gol; terminando o partido cun marcador de 2-1, favorable para México.
Participacións internacionais Copa de Ouro: 2003, 2005 e 2007 Xogos Olímpicos: 2004 Copa Libertadores: 2005, 2006 e 2008 Copa Suramericana: 2007 Copa Confederacións: 2005 Copa Mundial de Fútbol: 2006 Copa de Campións da CONCACAF: 2007 Copa América: 2007
Estatísticas xerais AnosClubPaísLigaPartidosGoles 2001-2008 CD Guadalajara Primeira División de México 255 101 2008-2009 RC Deportivo da Coruña Primeira División de España 4 2
Estatísticas en partidos oficiais EquipoCompetenciaPart.GolesGuadalajaraLiga e liguiña255101GuadalajaraCopa Libertadores229GuadalajaraCONCACAF54Selección mexicanaCopa Mundial32Selección mexicanaCopa Ouro92Selección mexicanaEliminatoria mundialista31Selección mexicanaXogos Olímpicos32Selección mexicanaCopa América54GuadalajaraSuper Liga22 Total308124 *Datos a 20 de febreiro de 2008
Logros En equipo Primera División de México (1): Apertura 2006 Copa de Ouro da CONCACAF (1): 2003
Individuais Balón de Ouro da Primeira división mexicana (5): 2007 Mellor dianteiro do clausura 2007 2006 Mellor dianteiro do apertura 2006 2005 Mellor dianteiro da temporada 2004-05 2002 Mellor novato do Apertura 2002
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en fifa.com Datos do xogador en national-football-temas.com
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados no estado de Sinaloa Categoría:Futbolistas olímpicos de México Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CD Guadalajara Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Tigres de la UANL Categoría:Xogadores do Sporting Kansas City Categoría:Xogadores do Cruz Azul Categoría:Xogadores do Atlas de Guadalajara Categoría:Xogadores da selección de fútbol de México Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2004