Miguel Ángel Ferrer Martínez, coñecido como Mista, nado en Caravaca de la Cruz (Murcia) o 12 de novembro de 1978, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Biografía Mista era un dianteiro oportunista cunha notable capacidade goleadora e gran presenza física. Nos seus inicios caracterizouse pola súa capacidade para revolucionar os partidos saíndo desde o banco aínda que a tempada 2003-2004 na que anotou dezanove goles consagrouna entre a elite.
Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid CF debutando en pretemporada co primeiro equipo, adestrado naquel entón por Fabio Capello. Naquela época, o Real Madrid B disputaba a Segunda B e Mista non vía ningunha opción de alcanzar o primeiro equipo. Por iso decidiu demandar ao seu club ao considerar que a cláusula de rescisión do seu contrato era demasiado elevada e estaba desporporcionada respecto da súa ficha. Unha vez iniciado o proceso xudicial, o Real Madrid e o CD Tenerife chegaron a un acordo para o seu traspaso (por unha cantidade moi inferior á da súa cláusula).
O seu periplo co club chicharrero en Primeira foi curto xa que culminou co descenso do equipo canario aínda que lle deu tempo a mostrar a súa calidade ao anotar tres goles en trece partidos nun equipo sumido nunha profunda crise.
Ese verán fichou polo Valencia CF que o mantivo cedido no Tenerife esta vez en segunda. Tras unha notable campaña na que anotou dezasete goles o equipo logrou o ascenso e xunto co seu compañeiro Curro Torres e o adestrador Rafael Benítez fixeron as maletas rumbo a Valencia.
As dúas primeiras tempadas no club che foron de adaptación xa que non foi titular máis que en contadas ocasións, anotando cinco e sete goles respectivamente.
Pero a campaña 2003-2004 supuxo un xiro fundamental na súa carreira xa que anotou dezanove goles converténdose no máximo goleador do equipo e un dos máis anotadores de toda a liga. Grazas á súa capacidade goleadora a Valencia CF logrou un histórico dobrete ao anotarse a liga e a Copa da UEFA. Pódese dicir, que grazas a el, a Valencia logrou títulos. Precisamente, neste torneo logrou anotar un gol na final disputada ante o Olympique Marsella, que acabou cun 2-0.
A tempada seguinte, debido aos problemas de renovación, xa que os directivos ofrecéronlle un pésimo contrato (ninguén coñece as cifras, por tanto é totalmente subxectivo), unido ao mal nivel xeral do equipo e a que de 29 partidos xogados só en 10 saíu de titular, xogando poucos minutos no resto, causaron un bajón no seu rendemento goleador anotando só oito goles.
A chegada de David Villa na tempada 2005-2006 relegoulle á suplencia o que, xunto a que xogou de mediapunta (a dianteira era para Vila), fixo diminuír considerablemente os seus rexistros goleadores. Isto, engadido á fichaxe de Morientes, condenoulle a un segundo plano na Valencia CF, polo que en xullo de 2006 decidiu fichar polo Atlético de Madrid, grazas á intervención do seu amigo "Suso" García Pitarch, sendo traspasado da capital do Turia á capital de España a cambio de 4,5 millóns de euros.
O Deportivo da Coruña fíchao en xuño de 2008 procedente do Atletico de Madrid coa carta de liberdade debido á imposibilidade de colocalo nalgún equipo previo pago. Firma por tres anos no club coruñés. Marca o seu primeiro gol como deportivista contra o Real Madrid na primeira xornada de Liga, pero perde a titularidade aos poucos partidos polo seu baixo rendemento. O 10 de xuño de 2010 chega a un acordo co Deportivo para a rescisión do seu contrato a falta dun ano máis na disciplina branquiazul.
No verán de 2011 anunciou a súa retirada do fútbol.
Selección nacional Foi internacional coa Selección de fútbol de España en dúas ocasións. O seu debut produciuse o 22 de marzo de 2005 nun partido disputado en Salamanca no que España se impuxo a China por tres a cero.
Coa Selección de fútbol de Murcia absoluta disputou tres encontros. Os tres que até agora disputou o seu combinado (ante Lituania, Ecuador e Guinea Ecuatorial).
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLigaValencia CFEspaña2001-02LigaValencia CFEspaña2003-04
Copas internacionais TítuloEquipoPaísAnoCopa da UEFAValencia CFEspaña2004Supercopa de EuropaValencia CFEspaña2004
Distincións individuais DistinciónAnoMellor xogador da final da Copa da UEFA2004
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en fifa.com
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados na Rexión de Murcia Categoría:Futbolistas da Rexión de Murcia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid C Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Toronto FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España