Murgás é unha pequena aldea da parroquia de Turces, no concello de Touro. É veciña de Murgás de Beseño.
A poucos quilómetros do encoro de Portodemouros, Murgás destaca pola súa tradición queixeira, con empresas integradas na denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Tamén ten un museo sobre a historia do queixo.
Na contorna da aldea atópanse numerosas carballeiras onde se atopan corzos, xabaríns, coellos, porcoteixos, miñatos, raposos e demais especies da flora e da fauna típica do bosque caducifolio atlántico.
Lugares e parroquias Lugares de Turces
Parroquias de Touro
Categoría:Lugares de Touro Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias