O Alto do Castaño é un barrio de Narón no concello coruñés de Narón. Está situado no sur do concello e limita ao norte co barrio de Piñeiros, ao sur co da Gándara, ao leste coa parroquia de San Martiño de Xuvia, e ao oeste co concello de Ferrol e coa parroquia de Santa Icía de Xuvia.
Este barrio tamén é coñecido polo nome da parroquia que o conforma, sendo este o de Xuvia (San Xosé Obreiro). A parroquia naceu nos anos sesenta logo da segregación da parroquia matriz que era a de San Martiño. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Continúa a ter o rango de parroquia eclesiástica.
Poboación No ano 2010, as parroquias de Xuvia (Nosa Señora dos Desamparados), Xuvia (San Xosé Obreiro), Xuvia (San Martiño), Xuvia (Santa Icía), Xuvia (Santa Rita) e Xuvia (Santiago Apóstolo) fusionáronse estatisticamente para dar lugar ao núcleo urbano de Narón. A parroquia de San Xosé Obreiro, ou sexa, o actual distrito do Alto do Castaño, tiña os seguintes lugares:
O Alto do Castaño O Camiño do Pino O Chantado O Colmeote Domirón A Ferrolana A Fontaíña O Hedreiro A Pena O Roibo O Seixo A Torre
Segundo datos do Instituto Galego de Estatística tiña 6.117 habitantes no ano 2009 (último ano do cal se teñen datos) dos cales eran 2.982 homes e 3.135 mulleres, o que supón un aumento en relación ao ano 2003 cando tiña 4.669 habitantes. É o barrio que máis medrou nos últimos anos, debido en gran parte ó traslado da Casa do Concello e outros servizos como o Centro de Saúde.
A distribución da poboación por lugares en 2009 era a seguinte: +TotalHomesMulleresO Alto do Castaño970486484O Colmeote1014655Domirón1129523606O Hedreiro1869931938A Fontaíña19286106O Roibo735348387A Torre1121562559611729823135 Do resto de lugares o IGE non especifica datos de poboación. Servizos Estación do Alto do Castaño, da liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares do Alto do Castaño
Barrios de Narón
Parroquias de Narón
Notas
Categoría:Lugares de Narón
Categoría:Parroquias eclesiásticas galegas que non coinciden coas civís