O Castro é un lugar da parroquia de Cerdido no concello de Cerdido na provincia da Coruña. Non ten habitantes desde hai máis dunha década segundo datos do Instituto Galego de Estatística .
Historia Neste lugar, como propiamente indica o topónimo, hai un castro onde os emigrantes do concello en América ergueron unha escola en 1932, para a educación dos nenos a través da Sociedad de Instrucción y Beneficencia Hijos del Ayuntamiento de Cerdido. Na década dos 80 o concello, coa axuda da Deputación da Coruña, construíu unha área recreativa con piscina climatizada, parque infantil e merendeiros, estragando parte do castro.
Lugares e parroquias Lugares de Cerdido
Parroquias de Cerdido
Castro, O Categoría:Despoboados da provincia da Coruña