miniatura|250px|Golfo de Adén O golfo de Adén ou Aden atópase no océano Índico, entre o Iemen (na costa sur da Península Arábiga) e Somalia (no leste de África). Polo noroeste está conectado co Mar Vermello a través do estreito de Bab-el-Mandeb.
A súa lonxitude é de 1000 km e a súa anchura varía entre 150 e 440 km. O golfo é unha vía moi importante para o transporte da produción do petróleo do Golfo Pérsico, o cal dálle unha notable importancia a nivel mundial. Ademais, encóntranse nel numerosas cantidades de peixes e corais, posto que as súas augas non foron contaminadas dun xeito apreciable. Os dous portos máis importantes están en Adén, no Iemen e en Bardhere e Bosaso, en Somalia.
Non é unha zona considerada segura, dada a inestabilidade de Somalia e a que o Iemen posúe forzas de seguranza insuficientes para a zona, existindo casos de piratería e de ataques terroristas.
Véxase tamén
Categoría:Xeografía de África Categoría:Somalia Categoría:Iemen Categoría:Mares do Océano Índico Categoría:Golfos e baías de Asia Categoría:Golfos e baías