miniatura|Cirros.

Os Cirrus ou Cirros, abreviadamente Ci, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, caracterízanse por se presentaren illadas, a xeito de filamentos brancos e delicados, ou de bancos ou bandas estreitas, brancas ou case brancas. Teñen unha aparencia fibrosa, semellante aos cabelos dunha persoa, ou dun brillo sedoso ou das dúas características a un tempo.

Características Está composta de cristais de xeo microscópicos, que brillan cun fulgor branco ós raios do sol. Son nubes altas que se atopan a altitudes de entre 6.000 a 12.000 metros. Normalmente son síntoma de bo tempo, mais se avanzan organizadas e aumentando progresivamente cara ao horizonte indican algunha fronte cálida ou borrasca.

Especies Cirrus Fibratus. Cirrus Uncinus. Cirrus Spissatus. Cirrus Floccus.

Variedades Cirrus Intortus. Cirrus Radiatus. Cirrus Vertebratus. Cirrus Duplicatus.

Véxase tamén

Bibliografía Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover. Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas Atlas fotográfico de nubes

Categoría:Xéneros de nubes