miniatura|dereita Os cumulonimbus ou cumulonimbos, abreviadamente Cb, son un xénero de nubes que, segundo a definición adoptada pola Organización Meteorolóxica Mundial, se caracterzan por se presentaren densas, pesadas e cun desenvolvemento vertical considerable, a xeito de montañas ou de enormes torres. Parte da súa cima é normalmente lisa, fibrosa ou estriada, e case sempre esmagada; a miúdo, esténdese en forma de engra ou dun vasto penacho. Por embaixo da base, moi escura, aparecen nubes baixas esgazadas e precipitacións.
Características Asociadas a choivas intensas, treboadas eléctricas e saraiba, e tamén a fortes refachos de vento. Son nubes de desenvolvemento vertical que se estenden ata grandes alturas, ás veces superiores aos 14 quilómetros.
Especies Cumulonimbus calvus Cumulonimbus capillatus
Variedades Non ten.
Trazos suplementarios Cumulonimbus praecipitatio Cumulonimbus virga Cumulonimbus pannus Cumulonimbus incus Cumulonimbus mammatus Cumulonimbus pileus Cumulonimbus velum Cumulonimbus arcus Cumulonimbus tuba
Véxase tamén
Bibliografía Candel Vila, R. (1978), Atlas de meteorología, 8ªed, Ed. Jover. Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación y Ciencia, Gobierno de España.
Ligazóns externas Atlas fotográfico de nubes
Categoría:Xéneros de nubes