O adang é unha lingua papúa falada en Indonesia.

Distribución xeográfica Fálase nas vilas de Adang-Buom, Pitung, Kenarilang, Afeng male, imoli, Adang-Kokar, Bot Bag, Alila e Bu Mol no oeste e noroeste de Kalabahi,no noroeste da illa de Alor (East Nusa Tenggara).

Escrita Os adang utilizan o bahasa indonesio como lingua escrita. En 1987 Stokhof realizou a primeira descrición da lingua, e en 2001 Johnson Haan, un filólogo de lingua materna adang, escribiu a primeira gramática.

Situación sociolingüística A proximidade a Kalabahi, onde a lingua principal é o bahasa indonesio, pon en perigo o seu emprego polas novas xeracións, o que se agrava pola emigración da xente nova cara a outras zonas de Indonesia.

Véxase tamén

Ligazóns externas Ethnologue Gramática adang

Categoría:Linguas papúas Categoría:Linguas de Indonesia Categoría:Linguas aglutinantes