O achumawi é unha lingua nativa americana falada polo pobo do río Pit. Pertence á familia hokana, e é falada en California. O achumawi está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Distribución xeográfica Antes da chegada dos europeos, os achumawi vivían no nordeste de California, na bacía do río Pit, preto de Montgomery Creek no condado de Shasta.

Falantes O grupo étnico comprende 1.000 persoas, en 2007 había 10 semifalantes de avanzada idade.

Dialectos Orixinariamente o achumawi comprendía nove dialectos: Ihewisedawi, Kosalektawi, Hammawi, Astariwawi, Atwansini, Ajumawi, Ilmawi, Madesi e Itsatawi

Escrita Do achumawi consérvanse descricións, listas de palabras e breves textos recollidos a comezos do século XX por Jaime de Angulo e Edward Sapir.

Historia Antes da chegada dos brancos calcúlanse o número de achumawis en 3.000, distribuídos en 28 asentamentos. En 1848 comezan a chegar os brancos ao territorio achumawi, as guerras e as epidemias reducen ao seu número a 1000 en 1910. En 1982 quedaban 10 falantes, todos de avanzada idade, nun grupo étnico de 800 persoas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bauman, James. 1980. Introduction to the Pit River language and culture. Anchorage, AK: National Bilingual Materials Development Center, University of Alaska. Good, Jeff. (2004). "A sketch of Atsugewi phonology." Boston, Massachusetts. (Paper presented at the annual meeting of the Society for the Study of the Indigenous Languages of the Americas, 8 de xaneiro – 11 de xaneiro). Nevin, Bruce E. (1991). "Obsolescence in Achumawi: Why Uldall Too?". Papers from the American Indian Languages Conferences, held at the University of California, Santa Cruz, xullo e agosto de 1991. Occasional Papers on Linguistics 16:97-127. Department of Linguistics, Southern Illinois University at Carbondale. Nevin, Bruce E. (1998). Aspects of Pit River phonology. Ph.D. dissertation, University of Pennsylvania, Department of Linguistics. Olmstead, David L. (1954). "Achumawi-Atsugewi non-reciprocal intelligibility." International Journal of American Linguistics, 20, 181–184. Olmstead, David L. (1956). "Palaihnihan and Shasta I: Labial stops." Language, 32 (1), 73–77. Olmstead, David L. (1957). "Palaihnihan and Shasta II: Apical stops." Language, 33 (2), 136–138. Olmstead, David L. (1959). "Palaihnihan and Shasta III: Dorsal stops." Language, 35 (4), 637–644. Olmstead, David L. (1964). "A history of Palaihnihan phonology." University of California Publications in Linguistics (Vol. 35).

Ligazóns externas Ethnologue

Categoría:Linguas palaihnihanas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América