miniatura|Lucélia Santos, a protagonista da Escrava Isaura A escrava Isaura é unha telenovela brasileira. Foi emitida por vez primeira en 1976 pola cadea Rede Globo de Televisión, e no 2005 fíxose un remake, emitido por Rede Record.

A Escrava Isaura (1976) Escrita por Gilberto Braga e dirixida por Herval Rossano e Milton Gonçalves, esta novela estaba baseada nun libro do movemento romántico brasileiro, escrito por Bernardo Guimarães. Entre os seus intérpretes atopábanse Lucélia Santos (como Isaura), Rubens de Falco (coma Leoncio Almeida) e Norma Blum (Malvina).

Prolongouse durante 100 capítulos emitidos desde o 11 de outubro de 1976 ata o 5 de febreiro de 1977.

Historia A historia comeza cando o Comendador Almeida merca un grupo de escravos entre os que se atopa Xuliana, nai branca de Isaura.

Influencia cultural en Galicia A escrava Isaura foi a primeira telenovela emitida pola Televisión de Galicia dobrada ao galego no seu comezo o 25 de xullo de 1985. Naquel momento, mesmo tendo en conta que só existían dous canais máis, o impacto deste serial foi grande, amosando por vez primeira personaxes de ficción falando en galego, honra que comparte coas series americanas Dallas e Magnum, tamén emitidas pola TVG nos seus primeiros meses de andaina.

Elenco de 1976 Lucélia Santos - Isaura Rubens de Falco - Leôncio Edwin Luisi - Álvaro Roberto Pirillo - Tobias Norma Blum - Malvina Gilberto Martinho - Comendador Almeida Beatriz Lyra - Ester Zeni Pereira - Januária Átila Iório - Miguel Mário Cardoso - Henrique Elisa Fernandes - Taís Dary Reis - Consejero Fontoura Léa Garcia - Rosa Isaac Bardavid - Francisco Haroldo de Oliveira - André Maria das Graças - Santa Ângela Leal - Carmem Ítalo Rossi - José Francisco Dantas - Sr. Matoso Myrian Rios - Aninha Matoso Carlos Duval - Beltrão André Valli - Martinho Clarisse Abujamra - Lúcia José Maria Monteiro - Capitán Andrade Gilda Sarmento - Carolina Ary Coslov - Geraldo Neuza Borges - Rita Edyr de Castro - Ana Lady Francisco - Juliana Amíris Veronese - Alba Ana Maria Grova - Eneida Almeida Santos - Jaime Aguinaldo Rocha - Dr. Alceu Nena Ainhorem - Lucíola Mário Polimeno - Palhares Marlene Figueiró - Leonor Alexandre Lambert - Geraldo Joyce de Oliveira Lídia Iório Janser Barreto Dudu Moraes Joel Silva Hilda Reis Ana Lúcia Torre Henriette Morineau - Madeleine Besançon

Categoría:Telenovelas Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Filmes sobre a escravitude