O río Deva é un curso fluvial do norte da Península Ibérica, que discorre entre as comunidades de Asturias e Cantabria, e desemboca no mar Cantábrico, despois de fluír durante 64 km.
Curso O río Deva nace no circo glaciar de Fuente Dé, no concello cántabro de Camaleño, no suroeste da comunidade, a uns 1.100 metros de altitude. Móvese nun sentido xeral sur-norte, pero o seu curso é abondo sinuoso, obstaculizado polos macizo dos Picos de Europa, que debe ir abeirando. Algo máis abaixo de Tresviso, entra en Asturias, para logo curvarse cara ao leste, en dirección ao Cantábrico, no que desauga formando un profundo estuario, coñecido co Ría de Tina Mayor, que marca límite entre ambas as dúas rexións citadas.
Afluentes Os principais tributarios do Deva son: O Cares, que se lle une pola beira esquerda en Asturias; Os ríos Urdón, Quiviesa e o Bullón, son ríos cántabros, que se lle axuntan pola marxe dereita.
Conca Ocupa 1.195 km², e como o seu afluente o Cares nace na provincia de León, a conca do Deva se estenda por tres comunidades autónomas. O caudal medio anual do río é duns 1.054 hm³.
Poboacións que atravesa 300px|miniatura|esquerda|Río Deva en Asturias Entre as localidades que baña o Deva ha que citar: En Cantabria: Potes. Cillórigo-Castro. En Asturias: Panes. Colombres.
Homónimos O nome do Deva compártenno outras correntes fluviais na Península Ibérica, dúas delas nomean dous tributarios do Miño en Galicia. Outro Deva, ou Deba, corre polo País Vasco. E, por último, en Aragón un afluente do Turia é tamén Deva.
Categoría:Ríos cantábricos Categoría:Ríos de Asturias Categoría:Ríos de Cantabria