San Lourenzo de Pacios é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 68 habitantes (37 homes e 31 mulleres).
Historia A Casa Grande de Pacios tiña vínculo e morgado fundados no 1696, gozando os seus donos de poder civil e criminal no coto. Actualmente, o pazo está adherido á igrexa parroquial.
Patrimonio A igrexa de San Lourenzo de Pacios é de planta irregular, muros de cachotaría e cuberta de lousa a dúas e catro augas. Posúe torre cadrada de tres corpos e no interior retablos e esculturas.
Lugares e parroquias Lugares de Pacios
Parroquias de Pedrafita do Cebreiro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pedrafita do Cebreiro
Categoría:Parroquias de Pedrafita do Cebreiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Lourenzo