San Xoán de Padornelo é unha parroquia do concello lucense de Pedrafita do Cebreiro, na comarca dos Ancares. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 123 habitantes (66 homes e 57 mulleres).

Historia O burgo de Padornelo foi cedido por Oveco Sánchez a Diego Xelmírez e na súa igrexa houbo unha encomenda da Orde de San Xoán de Malta.

Patrimonio A igrexa parroquial de San Xoán de Padornelo, do século XV, ten planta rectangular, muros de cachotaría e cuberta de lousa. Ten entrada lateral por un cabido cuberto. O campanario está coroado por un remate triangular. No interior hai un retablo barroco do século XVII, e varias esculturas.

Pola parroquia discorre o Camiño de Santiago.

Lugares e parroquias Lugares de Padornelo

Parroquias de Pedrafita do Cebreiro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pedrafita do Cebreiro

Categoría:Parroquias de Pedrafita do Cebreiro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán