Djibuti é a capital do estado homónimo sito no nordeste de África e unha cidade portuaria fundada polos franceses en 1888. A súa poboación, consonte estimacións do ano 2005 era de 542.000 habitantes. Entre 1892 e 1977 foi a capital da colonia da Somalia francesa.
Xeografía A cidade está localizada sobre o Golfo de Tadjoura, que é unha porción do Golfo de Aden e ao sur do Estreito de Bab el-Mandeb.
Djibuti é o termo do Ferrocarril Etíope que parte desde Addis Abeba e porto franco para Etiopía, que non ten saída ao mar. Os produtos principais de exportación do porto de Djibuti son o sal e máis o coiros.
Está atravesada polo uadi ou río temporal de Ambouli, que divide a cidade vella do barrio de Balbala.
Comunicacións Ademais do citado Ferrocarril Etíope que a une coa capital do veciño estado de Etiopía, e do porto marítimo, do cal parten ferry-boats para Obock e Tadjura, a cidade posúe o aeroporto internacional Djibuti-Ambouli.
Véxase tamén Ligazóns externas Información oficial da Universidade de Djibuti
miniatura|dereita|250px|Vista parcial do porto de Djibuti miniatura|dereita|250px|Barrio europeo de Djibuti
Djibuti (cidade) Categoría:Capitais de África Categoría:Capitais dos países árabes