Santo Estevo de Chouzán é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 22 habitantes (8 homes e 14 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 40 habitantes. Segundo o INE en 2016 tiña 22 habitantes, 12 mulleres e 10 homes, no 2020 eran ,10 mulleres e 12 homes.

Toponimia O topónimo está relacionado cun antigo mosteiro de frades (dun nome ). Ningún outro lugar de Galicia leva este nome .

Patrimonio A igrexa mosteiral de Chouzán data do século XII, é de estilo románico. O mosteiro tiña canles de auga que nutrían de peixe á comunidade beneditina e aos veciños, ademais de moveren muíños e regaren as hortas. A igrexa foi declarada Monumento Nacional en 1950. Coa construción do encoro dos Peares a antiga igrexa trasladouse pedra a pedra ata a súa actual localización.

En 1923 a sede do concello de Carballedo estivo en Chouzán.

Chouzán na cultura popular Nicanor Rielo Carballo recolleu en Chouzán este exconxuro para protexerse do raio:

Notas

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Chouzán

Parroquias de Carballedo

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Carballedo

Categoría:Parroquias de Carballedo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía