miniatura|Praia de Carnota.|250px A praia de Carnota é un areal localizado no litoral do concello coruñés de Carnota. Cos seus máis de sete quilómetros de lonxitude, está considerada como a praia máis grande de Galicia. Con baixamar o areal supera os 500 metros de longo nalgúns tramos.

A súa lagoa interior e zona de marismas e dunas dálle acubillo a unha gran variedade de aves migratorias, o que fai especialmente perigosa a deterioración ecolóxica á que vén sendo sometida nos últimos anos -foi unha das afectadas pola marea negra do Prestige-.

A praia de Carnota forma un espazo natural xunto co Monte Pindo; o espazo natural Carnota - Monte Pindo catalogado como zona especial de conservación (ZEC) da Rede Natura 2000. O espazo ten unha superficie de 4.629 ha. e abrangue aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Pola súa riqueza e variedade de ecosistemas, así como pola súa inestimable beleza, a praia de Carnota foi considerada pola revista xermana Traum Sträde unha das cen mellores do mundo. Así mesmo algunhas sondaxes sitúana entre as tres mellores praias de Galicia.

Galería de imaxes

Notas

Carnota