O imperativo é un modo gramatical do verbo, co cal a persoa emisora procura determinada reacción no receptor. Enúnciase no tempo presente, mais refírese a unha acción que se ha desenvolver no futuro. Ao implicar o receptor, o paradigma deste modo simplifícase sensibelmente, nas persoas de 2ª do singular e plural e no tratamento de cortesía empréganse as formas de presente de subxuntivo: Fagan o favor de seguir as indicacións
Valores De mandato: Fai o que che digo Súplica: Escóitame un momento Consello: Conduce a modo Invitación: Venme visitar nas próximas vacacións
Formas anda varrese parte andade varrede partide
Categoría:Verbo