Santa María de Santa Mariña é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 102 habitantes (49 homes e 53 mulleres), un máis ca no ano anterior.
Xeografía A parroquia, xunto coa de Cela, está incluída na ruta das Insuas do Miño, que ao pé do río Miño percorre os concellos de Rábade e Outeiro de Rei. No ano 2002 foi declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Patrimonio Concentración de mámoas (14/15) no Monte de Santa Mariña. Achado dunha ara prerromana en Sinoga. Catro casas señoriais: o Pazo de Mirapeixe, orixe dunha das máis prestixiosos liñaxes lucenses, os Gaioso; a Casa do Rei, con escudo de armas e pombal; a casa de Garrido e a casa de Abelleira. Ponte sobre o Miño, construída no século XVIII sobre outra de orixe medieval.
Festas Santa Mariña, o segundo domingo de xullo. Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santa Mariña
Parroquias de Outeiro de Rei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Outeiro de Rei
Ligazóns externas Santa Mariña na web do concello de Outeiro de Rei
Categoría:Parroquias de Outeiro de Rei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María