San Xoán de Paradela de Abeleda é unha parroquia do concello de Porqueira na comarca da Limia, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 179 habitantes (87 homes e 92 mulleres), catro menos ca en 2006.
Paradela na literatura popular O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte.Lorenzo Fernández, Xaquín (1973). Cantigueiro popular da Limia Baixa. P. 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.. Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela.Lorenzo Fernández, Xaquín (1973). Cantigueiro popular da Limia Baixa. P. 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, Porqueira..
Lugares e parroquias Lugares de Paradela de Abeleda
Parroquias de Porqueira
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Porqueira
Categoría:Parroquias de Porqueira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán